Lard é unha banda estadounidense de hardcore punk/música industrial formada no ano 1988 como un proxecto paralelo por Jello Biafra (voces; antes en Dead Kennedys), Al Jourgensen (guitarra; tamén en Ministry), Paul Barker (baixo; tamén en Ministry), e Jeff Ward (batería; fora membro de xira con Ministry). Co paso dos anos varios membros máis de Ministry tocaron con Lard, como Bill Rieflin, Mike Scaccia, e Rey Washam.
Ao igual que a meirande parte do traballo de Biafra, as cancións de Lard son furiosamente políticas (a guerra contra as drogas é un tema particularmente común) pero a miúdo cun toque de humor.
Lard nunca xirou oficialmente e só tocou ao vivo un feixe de veces, a meirande parte delas na área de San Francisco (onde Jello vive e dirixe o seu selo Alternative Tentacles). A banda tocou durante a xira de 1988 de Ministry e nas súas datas entre 1989 e 1990. Tocou unha vez en Chicago tras rematar a gravación de The Last Temptation Of Reid, unha vez nos Ánxeles en marzo de 2003 tras un concerto de Ministry, e en San Francisco, Portland e Seattle en setembro de 2004 durante a xira Evil Doer de Ministry. Debido a que os seus membros clave están activos noutros proxectos é pouco probable que a banda realice xiras no futuro.
Segundo unha entrevista de marzo de 2009 con Jourgensen, el e Biafra están traballando nun novo álbum de Lard, que será gravado no estudio de Jourgensen en El Paso. Porén, segundo outra entrevista con Biafra en xaneiro de 2010 este indicou que non era probable un novo traballo da banda, dicindo "Eu e Al falamos diso durante anos, pero nunca fomos capaces de ter un momento para intentalo e armalo".
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloThe Last Temptation of Reid1990Alternative TentaclesPure Chewing Satisfaction1997Alternative Tentacles
Notas
Categoría:Grupos musicais de Chicago, Illinois Categoría:Grupos musicais de rock industrial Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de metal industrial Categoría:Grupos musicais formados en 1988