KMFDM (orixinalmente Kein Mehrheit Für Die Mitleid, que se podería traducir como "sen piedade para a maioría") é unha banda alemá de música industrial procedente de Hamburgo liderado por Sascha Konietzko, que fundou o grupo no ano 1984 como un proxecto de performance.

A primeira encarnación da banda incluía ao batería alemán En Esch e ao vocalista británico Raymond Watts. O trío gravou os primeiros álbums da banda en Alemaña antes de que Konietzko e Esch se mudasen aos Estados Unidos, onde conseguiron un maior éxito co selo industrial seminal Wax Trax! Records. O guitarrista alemán Günter Schulz uniuse en 1990 e tanto el como Esch continuaron ata que KMFDM se separou en 1999. Konietzko resucitou a banda en 2002 (Esch e Schulz non se uniron), desta vez no selo Metropolis Records, e cara 2005 tiña xa unha formación consistente que incluía á vocalista estadounidense Lucia Cifarelli, aos guitarristas británicos Jules Hodgson e Steve White, e ao batería británico Andy Selway. Konietzko e Cifarelli regresaron a Alemaña en 2007, mentres que o resto da banda quedou nos Estados Unidos. Hodgson e White pasaron a traballar noutros proxectos entre 2015 e 2017, deixando ao grupo como un trío. Ademais destes membros principais, ducias de músicos traballaron coa banda ao longo da súa historia. KMFDM chegou a vender máis de 2 millóns de discos en todo o mundo.

Os críticos consideran a KMFDM unha das primeiras bandas en levar a música industrial ao gran público, aínda que Konietzko se refire á música do grupo como "The Ultra-Heavy Beat". A banda incorpora riffs de guitarra do heavy metal, música electrónica, samples, e tanto voces masculinas como femininas ao seu son, which encompasses a variety of styles incluído rock industrial e electronic body music. A banda é ferozmente política, con moitas das súas letras en contra da violencia, a guerra e a opresión. KMFDM realiza polo menos unha xira por cada gran lanzamento e os seus membros son coñecidos pola súa accesibilidade e e a interacción cos seus seguidores, tanto a través de Internet como nos seus concertos. Os seus membros, sós ou traballando xuntos ou con outros músicos, gravaron baixo outros moitos nomes, principalmente Pig, Excessive Force, e Slick Idiot.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloOpium1984autoeditadoWhat Do You Know, Deutschland?1986Z Records, SkysawDon't Blow Your Top1988Skysaw, Wax Trax! RecordsUAIOE1989Wax Trax! RecordsNaïve1990Wax Trax! RecordsMoney1992Wax Trax! RecordsAngst1993Wax Trax! Records, TVT RecordsNihil1995Wax Trax! Records, TVT RecordsXtort1996Wax Trax! Records, TVT RecordsSymbols1997Wax Trax! Records, TVT RecordsAdios1999Wax Trax! Records, TVT RecordsAttak2002Metropolis RecordsWWIII2003Sanctuary RecordsHau Ruck2005Metropolis, KMFDMTohuvabohu2007Metropolis, KMFDMBlitz2009Metropolis, KMFDMWTF?!2011Metropolis, KMFDMKunst2013Metropolis, KMFDMOur Time Will Come2014Metropolis, KMFDMHell Yeah2017earMUSIC, KMFDMParadise2019Metropolis, KMFDM

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Alemaña Categoría:Grupos musicais de rock industrial Categoría:Grupos musicais de metal industrial Categoría:Grupos musicais formados en 1984