Front Line Assembly (FLA) é unha banda canadense de electro-industrial formada por Bill Leeb en 1986 tras deixar Skinny Puppy. Influída por artistas electrónicos e industriais como Cabaret Voltaire, Portion Control, D.A.F., Test Dept, SPK e Severed Heads,Amstrong , Emily (1987). "Front Line Assembly", Lively Arts. FLA desenvolveu o seu propio son combinando elementos da electronic body music (EBM). A formación do grupo foi cambiando coa rotación dos seus membros ao longo dos anos, incluídos Rhys Fulber e Michael Balch que están relacionados con moitos outros artistas e grupos.
Dende a súa incepción, o grupo publicou preto de vinte álbums de estudio e EPs, varios dos cales entraron nas listas de dance e electrónica da Billboard. Os álbums Tactical Neural Implant e Hard Wired son dúas das gravacións máis exitosas de FLA, sendo o primeiro considerado un clásico entre os seguidores da música industrial. O grupo tamén realizou bandas sonoras para videoxogos como o Quake III: Team Arena (unha colaboración con Sonic Mayhem) e AirMech. O seu álbum máis recente é Wake Up the Coma, publicado no ano 2019.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloThe Initial Command1987KK RecordsState of Mind1988DossierCorrosion1988Third Mind RecordsGashed Senses & Crossfire1989Third Mind RecordsCaustic Grip1990Third Mind RecordsTactical Neural Implant1992Third Mind RecordsMillennium1994Roadrunner RecordsHard Wired1995Off Beat[FLA]vour of the Weak1997Off BeatImplode1999MetropolisEpitaph2001MetropolisCivilization2004MetropolisArtificial Soldier2006MetropolisImprovised Electronic Device2010MetropolisEchogenetic2013MetropolisWake Up the Coma2019Metropolis
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Vancouver Categoría:Grupos musicais de música industrial Categoría:Grupos musicais de electro-industrial Categoría:Grupos musicais de EBM Categoría:Grupos musicais de metal industrial Categoría:Grupos musicais formados en 1986