Samuel José Mejía, nado o 7 de febreiro de 1983 en Bronx, Nova York, é un ex xogador de baloncesto dominicano-estadounidense.
Traxectoria profesional Mejía foi elixido na 57ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Detroit Pistons.Pistons Sign Second-Round Pick Sammy Mejia O 29 de outubro de 2007, foi cortado polos Pistons.Pistons waive Sammy Mejia Comezou a tempada 2007-08 cos Ford Wayne Mad Ants da NBA D-League. O 30 de xaneiro de 2008, asinou co Orlandina Basket italiano para o resto da tempada.
Para a tempada 2008-08, Mejía asinou co AEL 1964 BC da A1 Ethniki grega,AEL is aiming for Sammy Mejía onde en 20 partidos de liga acadou 14.3 puntos e 3.4 rebotes por encontro.
O 29 de setembro de 2009, Mejía asinou un contrato dun ano co Cholet Basket francés.CHOLET BASKET signs Mejia, Eitutavicius O 1 de xullo de 2010, renovou o seu contrato co Cholet por unha tempada máis.
O 22 de xuño de 2011, asinou un contrato de dous anos co PBC CSKA Moscova da VTB United League.CSKA brings aboard scorer Mejia O 22 de xuño de 2012, deixou o equipo ruso para asinar o día seguinte co Banvit BK turco.Banvit BK lands Mejia
O 13 de agosto de 2015, Mejía asinou co Tofaş SK turco.
O 17 de xuño de 2020, Mejía anunciou a súa retirada do baloncesto profesional.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net Perfil en FIBA.com
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados no Bronx Categoría:Xogadores de baloncesto da República Dominicana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores do Orlandina Basket Categoría:Xogadores do Cholet Basket Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Xogadores do Bandırma BİK Categoría:Xogadores do Tofaş SK