Paul Scott "Paco" Lockhart, nado en Amarillo, Texas, o 28 de abril de 1956, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-111 e STS-113.

Traxectoria Lockhart graduouse en matemáticas pola Universidade Tecnolóxica de Texas en 1978 e é máster en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Texas en 1981.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando nas misións STS-111 e STS-113 e pasando un total de 27,64 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-111 STS-113

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Texas