As plantaxináceas (Plantaginaceae) son unha familia de dicotiledóneas que comprende preto de 2000 especies nuns 90 xéneros dentro da orde Lamiales.Plantaginaceae en APG Web (require busca interna) Nunha clasificación anterior había unha soa familia da orde Plantaginales, pero este nome non se usa actualmente.

Son esencialmente plantas herbáceas, anuais ou perennes, das rexións frías e tropicais.

Descrición Herbas ou ocasionalmente pequenos arbustos ou semiarbustos (como algunhas das especies insulares). Follas comunmente todas basais e alternas, de cando en cando caulinares e alternas ou opostas, simples, a miúdo con base abrazadoira, as filodiais con lámina máis ou menos paralelinervia aparentemente representando un pecíolo expandido, ou ás veces moi reducidas; con estípulas ausentes. esquerda|miniatura|397x397px|Inflorescencia da chantaxe (Plantago sp.). As flores, a maioría en espigas pedunculadas, bracteadas ou en capítulos, pero sen bractéolas (en Littorella as flores basais en grupos de tres, a central estaminada e longamente pedicelada, as 2 laterais pistiladas e sésiles), tipicamente casmógamas, protóxinas, e anemófilas, pero algunhas veces cleistógamas en grao diverso, individualmente pequenas e non vistosas, principalmente actinomorfas e hermafroditas (plantas monoicas en Litorella, ginomonoicas en Bougueria), polo común tetrámeras, de cando en cando trímeras.

No perianto o cáliz lobado ou dividido, os dous segmentos abaxiais algunhas veces máis ou menos connados. Corola escariosa, simpétala.

Androceo con estames xeralmente isómeros e alternando cos lóbulos da corola (só 1-2 en Bougueria); filamentos inseridos ao tubo da corola, anteras longamente exertas, como é propio dunha planta de polinización anemófila.

Xineceo de dous carpelos medianos unidos; ovario súpero, cun estilo terminal delgado e seco, xeralmente cun estigma bilobulado; ovario en Plantago basicamente bilocular con 1-40 óvulos nunha placenta axilar en cada lóculo, pero ocasionalmente aparecendo 4-locular por mor de particións intrusivas a partir do nervio medio carpelar; en Bougueria e Littorella ovario unilocular cun simple primordio basal.

Tribos

Angelonieae - Antirrhineae - Callitricheae - Cheloneae - Digitalideae - Globularieae - Gratioleae - Hippurideae - Hemiphragmeae - Ourisieae - Oxycladeae - Plantagineae - Russelieae - Sibthorpieae - Veroniceae

Principais xéneros

Veronica (450 spp.), Penstemon (275 spp.), Plantago (275 spp.), Linaria (150 spp.), Bacopa (55 spp.), Stemodia (55 spp.), Russelia (50 spp.).Plantaginaceae en APG Web (require busca interna)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Plantaginaceae