O Gran Premio de Francia (1906-1967: Grand Prix de l ACF, 1968-2018: Gran Premio de Francia) é unha carreira anual que forma parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 celebrado pola Federación Internacional do Automóbil. A última carreira celebrouse en , pero a carreira volveu en no circuíto Paul Ricard. O Grand Prix motor racing orixinouse en Francia e o Gran Premio de Francia, aberto á competencia internacional, é o Gran Premio máis antigo, o primeiro disputouse o 26 de xuño de 1906, baixo os auspicios da Automobile Club de France en Sarthe, cunha participación de 32 automóbiles. miniatura|left | Georges Boillot gañando o Gran Premio de Francia 1912 en Dieppe, Francia Os primeiros campionatos mundiais organizáronse en 1925 co Gran Premio de Francia, a Gran Premio de Italia, o Gran Premio de Bélxica e as 500 millas de Indianápolis. O Gran Premio de Francia foi parte do campionato de Fórmula Un, desde o seu inicio en ata o . Designouse como Gran Premio de Europa, catro veces, entre 1924 e , cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa. A carreira celebrouse en diferentes circuítos en toda Francia, como o Autódromo de Montlhéry. Desde a súa sede permanente foi o Circuíto de Nevers Magny-Cours. O paso a Magny-Cours foi un intento de estimular a economía da zona, pero moita xente dentro da Fórmula Un queixouse da localización do circuíto. As carreiras de e estaban en dúbida debido a problemas financeiros e a incorporación de novos circuítos ao calendario da Fórmula Un. Estas carreiras saíron adiante como estaba previsto, pero aínda tiñan un futuro incerto. O 29 de marzo de 2007 foi anunciado pola FFSA, o promotor da carreira, que a partir Gran Premio de Francia de 2008 fariase unha "pausa" indeterminada. Esta suspensión debeuse á situación financeira do circuíto, coñecido por non ser do agrado de moitos en F1 debido á localización do circuíto.ITV-F1.com 2008 French Grand Prix "Pause" O 31 de maio, Bernie Ecclestone, confirmou (nese entón) que o Gran Premio de Francia de 2007 sería o último que se celebraria en Magny-Cours.ITV-F1.com Ecclestone Confirms Magny Cours Departure Con todo, logo de varias negociacións, o futuro da carreira en Magny-Cours deu un novo xiro, aumentando a especulación de que o Gran Premio de Francia de 2008 volvería, co mesmo Ecclestone dicindo "Imos revivilo por un ano, ou algo así".ITV-F1.com Magny-Cours set for reprieve o 24 de xullo Ecclestone e o primeiro ministro francés reuníronse e acordaron a posibilidade de manter a carreira en Magny Cours en e .BBC Sport Formula One hope for French Grand Prix A confirmación foi o 27 de xullo, cando a FIA publicou o calendario para . Cun Gran Premio de Francia programado en Magny-Cours, unha vez máis. A carreira de , foi anulada de novo o 15 de outubro de 2008, no sitio web oficial, citando "razóns económicas" Foi anunciado un enorme cambio de imaxe de Magny-Cours ( "2.0"), pero cancelado ao final. A FFSA promotor da carreira comezou a buscar unha alternativa. Houbo cinco diferentes propostas para un novo circuíto: en Ruán con 3 deseños posibles: un circuíto urbano, na zona do peirao, ou un circuíto permanente cerca do aeroporto, grandprix.com 19 de xuño de 2008 un circuíto urbano situado preto de Disneyland Resort Paris, Versalles, e en Sarcelles (Val de France), pero todos foron cancelados. Unha localización final en Flins-Les Mureaux, preto da fábrica de Renault en Flins estaba sendo considerada con todo, foi cancelada e o 1 de decembro de 2009. En e , non houbo Gran Premio de Francia no calendario da Fórmula 1, aínda que o Circuíto Paul Ricard foi candidato para o ano . O Gran Premio de Francia non se incluíu no calendario de .

En decembro de 2016, confirmouse que o Gran Premio de Francia volverá en no Circuíto Paul Ricard.

10 pilotos franceses gañaron o Gran Premio de Francia, 7 antes da primeira e segunda guerra mundial e 3 no campionato de Fórmula Un. O piloto francés Alain Prost gañou a carreira 6 veces en 3 circuítos diferentes, con todo o piloto alemán Michael Schumacher gañou 8 veces, o piloto que gañou máis veces un mesmo Gran Premio. O piloto monegasco Louis Chiron gañou 5 veces, e o piloto arxentino Juan Manuel Fangio e o piloto británico Nigel Mansell gañaron 4 veces.

Patrocinadores Rhône-Poulenc Gran Premio de Francia 1988-1993 Mobil 1 Gran Premio de Francia 1998-2004 Allianz Gran Premio de Francia 2005-2007 RBS Gran Premio de Francia 2008 Pirelli Gran Premio de Francia 2018-2019 Emirates Gran Premio de Francia 2021 Lenovo Gran Premio de Francia 2022

Gañadores do Gran Premio de Francia Gañadores múltiples (pilotos) Pilotos en letra grosa están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual. Un fondo de cor rosa indica que unha carreira non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Un fondo de cor crema indica que unha carreira formou parte do Campionato de Europa de pre- guerra. {| class="wikitable" |- ! Nº de vitorias ! Piloto ! Anos |- ! 8 | Michael Schumacher | 1994, 1995, 1997, 1998, 2001, 2002, 2004, 2006 |- ! 6 | Alain Prost | 1981, 1983, 1988, 1989, 1990, 1993 |- ! 5 | Louis Chiron | 1931Louis Chiron gañou a carreira de 1931, pero compartiu a vitoria no Bugatti con Achille Varzi , 1934, 1937, 1947, 1949 |- ! rowspan="2"| 4 | Juan Manuel Fangio | 1950, 1951Juan Manuel Fangio gañou a carreira de 1951, pero compartiu a vitoria no Alfa Romeo 159 con Luigi Fagioli, 1954, 1957 |- | Nigel Mansell | 1986, 1987, 1991, 1992 |- ! rowspan="2"| 3 | Jack Brabham | 1960, 1966, 1967 |- | Jackie Stewart | 1969, 1971, 1972 |- ! rowspan="15"| 2 | 20px Christian Lautenschlager | 1908, 1914 |- | 20px Felice Nazzaro | 1907, 1922 |- | Georges Boillot | 1912, 1913 |- | 20px Giuseppe Campari | 1924, 1933 |- | Robert Benoist | 1925, 1927 |- | William Grover-Williams | 1928, 1929 |- | Jean-Pierre Wimille | 1936, 1948 |- | Mike Hawthorn | 1953, 1958 |- | Dan Gurney | 1962, 1964 |- | Jim Clark | 1963, 1965 |- | Ronnie Peterson | 1973, 1974 |- | Mario Andretti | 1977, 1978 |- | Niki Lauda | 1975, 1984 |- | Lewis Hamilton | 2018, 2019 |- | Max Verstappen | 2021, 2022

Gañadores múltiples (construtores) Equipos en letra grosa están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual. Un fondo de cor rosa indica que unha carreira non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Un fondo de cor crema indica que unha carreira formou parte do Campionato de Europa de pre- guerra.

{| class="wikitable" |- ! Nº de vitorias ! Construtor ! Tempada |- ! 17 | Ferrari | 1952, 1953, 1956, 1958, 1959, 1961, 1968, 1975, 1990, 1997, 1998, 2001, 2002, 2004, 2006, 2007, 2008 |- ! 8 | Williams | 1980, 1986, 1987, 1991, 1992, 1993, 1996, 2003 |- ! rowspan="2" | 7 | Lotus | 1963, 1965, 1970, 1973, 1974, 1977, 1978 |- | Mercedes | 1908, 1914, 1935, 1938, 1954, 2018</span>, 2019 |- ! rowspan="3" | 6 | Bugatti | 1926, 1928, 1929, 1930, 1931, 1936 |- | Alfa Romeo | 1924, 1932, 1934, 1948, 1950, 1951 |- | Renault | 1906, 1979, 1981, 1982, 1983, 2005 |- ! 5 | McLaren| 1976, 1984, 1988, 1989, 2000 |- ! 4 | Brabham | 1964, 1966, 1967, 1985 |- ! rowspan="9" | 2 | Peugeot | 1912, 1913 |- | 20px Mercedes | 1908, 1914 |- | 20px Fiat | 1907, 1922 |- | Delage | 1925, 1927 |- | Talbot-Lago | 1947, 1949 |- | Maserati | 1933, 1957 |- | Tyrrell | 1971, 1972 |- | Benetton | 1994, 1995 |- | Red Bull'| 2021, 2022

Por ano

miniatura|Circuíto de Nevers Magny-Cours usado en 1991-2008

miniatura|right|O circuíto curto de Paul Ricard, usado en 1986-1990 miniatura|right|O circuíto longo de Paul Ricard, usado en 1971-1985 miniatura|right|Dijon-Prenois, alternou con Paul Ricard en 1974-1984 (a pista curta foi usada en 1974.) miniatura|right|O circuíto Le Mans Bugatti (deseño lixeiramente diferente) usado en 1967 miniatura|right|O circuíto Charade, usado en 1965, 1969, 1970 e 1972 miniatura|right|Rouen-Les-Essarts, usado en 1952 (curto), 1957, 1962, 1964 e 1968 miniatura|right|O circuíto rápido de Reims, usado desde 1953 a 1966 miniatura|right|Lión-Parilly, usado en 1947 miniatura|right|O circuíto orixinal de Reims-Gueux, usado en 1932, 1938, 1939 e 1948-1951 miniatura|right|Monthlery, usado de 1925 a 1937 miniatura|right|O circuíto de estrada de Le Mans, usado en 1906Un fondo de cor rosa indica que unha carreira non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Un fondo de cor crema indica que unha carreira formou parte do Campionato de Europa de pre- guerra.''