The Air Force é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental Xiu Xiu, publicado o 12 de setembro de 2006 a través do selo 5 Rue Christine. O disco foi producido por Greg Saunier de Deerhoof, que tamén toca no álbum cos membros do grupo Caralee McElroy e Jamie Stewart.

Produción Stewart dixo que o ano foi "un dos primeiros non dominados por traxedias persoais" e que o álbum trata sobre "facer a outra xente sentirse mal" en vez de sentirse mal el mesmo. As súas principais temáticas son "culpa e sexo en oposición a pena e sexo". Stewart considerouno o seu mellor e máis consciente álbum pop. Dixo que a banda estaba obsesionada co Blue Album de Weezer e The Queen Is Dead de The Smiths mentres estaba de xira, aínda que o propio disco non reflicte particularmente estes traballos.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Xiu Xiu Categoría:Álbums musicais de 2006 Categoría:Álbums de 5 Rue Christine