Shi Jian 2A ou SJ 2A foi un satélite artificial da China lanzado o 19 de setembro de 1981 a bordo dun foguete Feng Bao 1 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan xunto cos satélites Shi Jian 2 e Shi Jian 2B.

Características SJ 2A foi deseñado pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés). Tiña unha masa de 28 kg e foi lanzado para estudar a ionosfera terrestre usando unha baliza transmisora para medir a distribución de densidade dos electróns na ionosfera. A baliza funcionaba a frecuencias de entre 40,5 e 162 MHz. O satélite reentrou na atmosfera o 6 de outubro de 1982. Un satélite idéntico non chegou a órbita nun lanzamento anterior, polo que SJ-2A pode considerarse o seu sucesor.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Shi Jian 1 Shi Jian 2 Shi Jian 2B Shi Jian 4 Shi Jian 5 Shi Jian 6 Shi Jian 7 Shi Jian 8 Shi Jian 9A Shi Jian 9B Shi Jian 10 Shi Jian 11 Shi Jian 12 Shi Jian 13

Categoría:Satélites artificiais