Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo datos do IGE, tiña 4.682 habitantes no ano 2025, dos que 2.425 eran mulleres e 2.257 homes, o que representa un descenso respecto ó ano 2016, cando tiña 4.848 veciños.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «s - ».

A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicenzo de Nogueira.

Poboación

Xeografía Limita ao norte con Vilanova de Arousa e Portas, ao leste con Barro e Pontevedra, ao sur con Poio e Meaño, e ao oeste con Ribadumia.

Patrimonio miniatura|esquerda|180px|Labirinto no petróglifo de Outeiro de Cribo. Existen restos da cultura castrexa no monte Castrove, no que tamén se sitúan os petróglifos de Outeiro de Cribo.

O mosteiro da Armenteira foi fundado no século XII, e a igrexa do recinto foi reconstruída entre os séculos XVI e XVIII. A capela de Santa María de Nogueira pertenceu a un antigo mosteiro. As igrexas de San Martiño de Meis e San Salvador son do século XII. A igrexa de Paradela conserva a ábsida románica. O templo de Santo Tomé de Nogueira ten frescos do século XVI. A igrexa de Nogueira ten un retablo de pedra.

Ademais de tres pazos situados na parroquia de Paradela: o pazo de Señoráns, o pazo de Pompeán e o de Quintáns, destacan os antigos muíños fluviais, destacando o conxunto de Arcos.

Turismo A celebración da Semana Santa de Paradela, unha das parroquias do concello, foi declarada festa de interese turístico galego.

Festas gastronómicas Festa dos Callos: no lugar do Mosteiro, en xullo. Festa da Carne de Poldro: o 15 de agosto, tamén no Mosteiro. Celébrase desde o 2006, coincidindo coa Feira Anual do Cabalo.

Comunicacións Por Meis pasa a Autovía do Salnés AG-41, que comunica Barro e Sanxenxo e a estrada comarcal PO-300, que comunica Meis e Cambados.

Meis na literatura popular Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas! Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 172. As parroquias de San Martiño de Meis e de Santa Baia de Ribadumia son estremeiras.. Ó subila e ó baixala/ a costa de Lantañón,/ ó subila e ó baixala/ perdín o pano mantón Lantañón é lugar de Paradela (Meis), pero a cantiga está recollida en Baión, parroquia de Vilanova que linda coa de Paradela. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: ô subila, ô baixala..

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Meis Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meis vexa: Lugares de Meis.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Meis