Soiuz TMA-10 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 7 de abril de 2007 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-10 foi lanzada cos cosmonautas Oleg Kotov, Charles Simonyi e Fiodor Iurchikhin a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A nave acoplouse ao módulo Zaria para unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-117, STS-118 e STS-120 e dos cargueiros Progress M-60 e Progress M-61. A nave regresou o 21 de outubro de 2007.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Notas
Categoría:Programa Soiuz