Soiuz TMA-10M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 25 de setembro de 2013 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-10M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Michael S. Hopkins, Oleg Kotov e Sergei Riazanski a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2) e regresou o 11 de marzo de 2014 ás 3:24 GMT.
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-10M estaba formada por Oleg Artemiev, Aleksandr Skvortsov e Steven Swanson.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Notas
Categoría:Programa Soiuz