Xoán López d'Ulloa ou Johan Lopez de Ulhoa foi un trobador galego do século XIII.
Biografía Pertencería a unha familia nobre implantada nas proximidades do río Ulla, da zona de Monterroso. Foi fillo de Lopo Rodriguez de Ulhoa e de María Fernández Batissela, cuñado do tamén trobador Fernan Paez de Talamancos. Foi cabaleiro dunha orde militar e sábese que estivo en Portugal, casou con Sancha Lourenço Taveira, establecéndose na Estremadura portuguesa.
Obra Consérvanse 18 cantigas. Son once cantigas de amor e sete cantigas de amigo.
Notas
Categoría:Trobadores en galego-portugués