Luis Antonio Santiso Diz, nado no Seilán (Sanamede do Monte, A Baña) o 13 de xuño de 1850 e finado en Cores o 2 de novembro de 1934,El Eco de Santiago, 2-11-1934, p. 3. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Avogado. Casou con María del Carmen García Gundín, que herdara da súa tía María Josefa Bermúdez de Leis o pazo de Cores. Foi xuíz municipal da Baña, alcalde da Baña na Restauración, deputado provincial en 1883 polo distrito de Negreira e decano dos avogados do partido xudicial de Negreira.
Vida persoal
Con María del Carmen García Gundín, dona do Pazo de Cores, foi pai de Josefina, Elisa (que casou con José Reino Caamaño), Amalia, Filomena e Carmen Santiso García (que casou con José María Suárez Vence).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes da Baña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais da Coruña
Categoría:Nados na Baña
Categoría:Nados en 1850
Categoría:Finados en 1934