Francisco Bustelo Bustelo, nado en Arca (O Pino) o 19 de marzo de 1885 e finado en Vigo o 5 de xaneiro de 1937, foi un médico galego.

Traxectoria

Fillo de Dolores Bustelo Freire. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1911.El Pueblo Gallego, 9-7-1936, p. 5. A mediados da década de 1910, trasladouse a Vigo onde foi médico da prisión da cidade. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, organizou con Fernando Lago Búa, inspector das prisións provincias de Pontevedra, unha trama para extorsionar os presos do campo de concentración de San Simón: facíanlles crer que estaban nas listas para “pasear” e indicábanlles que, se lles entregaban unha cantidade de diñeiro, influirían para evitalo. Denunciados polo médico vigués José Ramón de Castro Rodríguez a Severiano Martínez Anido, foron detidos o 14 de novembro de 1936 cun colaborador, Cándido Barros Martínez. Xulgados en consello de guerra o 21 de decembro, Francisco Bustelo foi defendido por José Queizán Hermida.El Pueblo Gallego, 22-12-1936, p. 2.

Bustelo Bustelo e Lago Búa foron condenados a morte e executados o 5 de xaneiro de 1937.El Ideal Gallego, 6-1-1937, p. 2. Vida persoal

Casou no Carballiño con Agripina Castro Fernández en xaneiro de 1912.Gaceta de Galicia, 27-12-1911, p. 2.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

O caso Lago Búa. Epistolario (VII): Francisco Bustelo Bustelo.

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Nados no Pino

Categoría:Nados en 1885

Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados