Sumeria (ki-en-ĝir en lingua sumeria), considérase unha das civilizacións máis antigas da humanidade; localizábase na parte sur da Mesopotamia (o Iraq da actualidade), situada en terreos coñecidos pola súa fertilidade, entre os ríos Tigris e Éufrates. A chegada dos sumerios á rexión estableceuna Samuel Noah Kramer entre o 3500 e o 3000 a.C.Kramer (1963), pp. 41-42 sobrepoñéndose a unha poboación anterior. Sumeria exerceu influencia sobre as áreas circunveciñas, culminando na dinastía de Agadé, fundada en aproximadamente 2340 a. C. por Sargón I. Este, ao parecer, sería de etnia e lingua semitas. Despois de 2000 a.C. Sumeria entrou en declive, sendo absorbida por Babilonia e por Asiria.

Dúas importantes creacións acreditadas aos sumerios son a escrita cuneiforme, que antecede probabelmente todas as outras formas de escrita, sendo orixinalmente usada por volta do 3500 a.C., e mais as cidades-estados, sendo, probabelmente, a máis coñecida a cidade de Ur, construída por Ur-Nammu, o fundador da terceira dinastía Ur, por volta de 2000 a.C.

Historia miniatura|220px|Divindade sumeria|esquerda O termo "sumerio" é na verdade un exónimo aplicado (e, probabelmente, cuñado) polos acadios. Os sumerios describíronse a si mesmos como sag-gi-ga (o pobo de cabezas negras) e chamaron a súa terra Ki-en-ĝi, o lugar dos señores civilizados. A palabra acadia Shumer posibelmente representa ese nome nun dialecto diferente. Non se sabe absolutamente nada da súa orixe e non se estableceu conexión ningunha entre a súa lingua e a doutros pobosJean Bottéro, Religion and reasoning in Mesopotamia en Jean Bottéro, Clarisse Herrenschmidt e Jean-Pierre VernanAncestor of the West, University of Chicago Press, 2000, páx. 9 Na súa orixe as cidades sumerias tiñan unha función relixiosa, o templo constituía o centro da actividade social e económicaCharles Gates, Ancient Cities: The Archaeology of Urban Life in the Ancient Near East and Egypt, Greece, and Rome, Routledge, 2003, páx. 30. Pero o lugal (en orixe un dirixente civil) impúxose ás autoridades relixiosas converténdose nun auténtico monarca. Arredor do 2700 a.C. establécese nas cidades sumerias unha estrutura militar claramante organizada, cunha milicia permanente.Richard A. Gabriel, The Culture of War: Invention and Early Development, Greenwood Publishing Group, 1990, páx. 36 As relacións entre as cidades sumerias eran en gran parte bélicas, Kish conseguiu manter o poder sobre gran parte de Sumeria.McIntosh (2005), p. 74

Despois dun período de dominio dos reis elamitas (vivían no suroeste do actual Irán), os sumerios volveron gozar de independencia. As cidades de Lagash, Umma, Eridu, Uruk e principalmente Ur tiveron os seus momentos de gloria.

Ben cedo, grupos de nómades, vidos do deserto da Siria, comezaron a penetrar nos territorios ao norte das rexións sumerias. Coñecidos como acadios, dominaron as cidades-estados da Sumeria por volta de 2550 a.C. Mesmo antes da conquista, xa estaba ocorrendo unha síntese entre as culturas sumeria e acadia, que aumentou acentuadamente coa unificación dos dous pobos. Os ocupantes asimilaron a cultura dos vencidos, aínda que en moitos aspectos as dúas culturas mantivesen diferenzas entre si, máis evidente, sobre todo, no campo da relixión.

Civilización acadia Ver artigo principal: Acadios

Máis tarde, por volta de 2369 a.C., Sargón, o Vello, patesi da cidade de Acad, unificou a maioría das cidades-templos. O gran rei acadio, guerreiro e conquistador, tornouse coñecido como “soberano dos catro cantos da terra”. A pesar da unificación, as estruturas políticas da Sumeria continuaron existindo. Os reis das cidades-estados sumerias foron mantidos no poder e recoñecíanse como tributarios dos conquistadores acadios.

O imperio creado por Sargón escachouse despois dun século de existencia, en consecuencia de revoltas internas e dos ataques dos gutis, nómades orixinarios dos montes Zagros, no Alto do Tigris, que investían contra as rexións urbanizadas, porque a tendencia cara ao sedentarismo das poboacións do Oriente Medio lles dificultaba a caza e o pastoreo. Por volta de 2150 a.C., os gutis conquistaron a civilización sumerio-acadia. Despois diso, a historia da Mesopotamia parecía repetirse. A unidade política dos sumerio-acadios era destruída polos guti, que, pola súa vez, eran vencidos por revoltas internas dos sumerio-acadios.

Renacemento sumerio O dominio intermitente dos guti durou un século, sendo substituído no século seguinte (cerca de 2100 a.C.–1950 a.C.) por unha dinastía proveniente da cidade-estado de Ur. Expulsados os guti, Ur-Nammur reunificou a rexión sobre o control dos sumerios. Foi un rei enérxico, que construíu os famosos cigurats e promoveu a compilación das leis do dereito sumerio. Os reis de Ur non soamente restabeleceron a soberanía sumeria, mais tamén conquistaron a Acadia. Nese período, chamado de renacenza sumeria, a civilización sumeria atinxiu o apoxeo, mais ese foi o último acto de manifestación do poder político da Sumeria.

Decadencia Unha vez que os estados lugares creceron en forza bruta, os sumerios comezaron a perder a súa hexemonía política sobre a maioría das partes da Mesopotamia.

Atormentados polos ataques de tribos elamitas e amoritas, o imperio esborrallouse. Nesta época, os sumerios desapareceron da historia, mais a influencia da súa cultura nas civilizacións subsecuentes da Mesopotamia tivo longo alcance. Os amoritas fundaron a Babilonia. Os hurrianos da Armenia estabeleceron o imperio de Mitanni na parte norte da Mesopotamia por volta de 2000 a. C., en canto os babilonios controlaban o sur. Ambos os grupos defendíanse dos exipcios e dos hititas. Eses últimos derrotaron Mitani, mais foron expulsados polos babilonios. Os casitas, entrementres, venceron os babilonios en 1400 a. C.. Os casitas foron despois vencidos polos elamitas por volta de 1150 a. C.

Administración e política Os sumerios habitaron varias cidades-estado, cada unha erixida en torno dos seus respectivos templos, dedicados ao deus a cuxa protección a cidade competía. Estas cidades, grandes centros mercantís, eran gobernadas por déspotas lugares denominados patesi, supremos-sacerdotes e xefes militares absolutos, auxiliados por unha aristocracia, constituída por burócratas e sacerdotes. O patesi controlaba a construción de diques, canais de irrigación, templos e celeiros, impondo e administrando os tributos aos que toda a poboación estaba suxeita. As cidades-estados sumerias, tradicionalmente, eran cidades-templos. Isto porque os sumerios consideraban que os deuses fundaran as cidades para que fosen centros de culto. Máis tarde, segundo a relixión, os deuses limitábanse a comunicar os soberanos as plantas das cidades e dos santuarios. A ligazón dos patesis aos ritos da cidade era extremadamente íntima.

Os templos estaban ligados ao poder estatal e as súas riquezas eran usufrutuadas polos soberanos, considerados intermediarios entre os deuses e os homes. Xunto cos templos das cidades, homenaxeando o seu deus patrón, non raramente eran erguidos cigurats, pirámides de macizos ladrillos cocidos ao Sol, que servían de santuarios e acceso aos deuses cando descendían até o seu pobo.

De entre as cidades máis importantes do territorio sumerio estaban Eridu, Kish, Lagash, Uruk, Ur e Nippur. Co desenvolvemento desas cidades, a tentativa de supremacía dunha sobre a outra tornouse inevitábel. O resultado foi un milenio de embates case incesantes sobre o dereito de uso de auga, rotas de comercio e tributos a tribos nómades.

Agricultura e caza Os sumerios mantiñan unha produción de cebada, garavanzo, lentellas, millo miúdo, trigo, nabo, dátiles, cebola, allo, leituga, allo porro e mostaza. Eles tamén criaban gado, carneiro, cabra e porco. Alén diso usaban bois como opción principal no traballo de carga e burros como animal de transporte. Os sumerios pescaban peixes e cazaban aves galináceas.

A agricultura sumeria dependía moito da irrigación, efectuándose a través do uso de canais, encoros, diques e depósitos de auga. Os canais requirían reparación frecuentes e a remoción continua de lodo. O goberno ordenaba a determinados cidadáns a tarefa de traballar nos canais, a pesar dos ricos poderen dispensarse.

Co uso de canais os facendeiros irrigaban os seus campos e entón drenaban a auga. Despois deixaban que os bois macerasen a terra e matasen as herbas daniñas. O paso seguinte era dragar os campos con picos. Despois de secar, eles araban, gradaban e angazaban as leiras tres veces, remexendo a terra despois cun sacho antes da sementeira.

Os sumerios realizaban a ceifa durante a fase seca do outono en equipos de tres persoas, consistindo dun segador, un enfardador e un enfeixador. Os facendeiros usaban un tipo de colleitadora arcaica para separar a cabeza dos cereais dos seus respectivos talos, para entón usar unha especie de zorra de escolla, que separaba o gran dos cereais. En seguida peneiraban a mestura de grans e debullos.

Cultura

O historiador Alan Marcus comenta que os "sumerios ostentaban unha perspectiva circunspecta sobre a vida".

Un sumerio escribiu: "Lágrimas, lamento, angustia e depresión residen dentro de min. O sufrimento tólleme. O perverso destino aprisióname e fai que cese a vida miña. Báñame unha doenza maligna."

Un outro escribiu: "Por que me contan entre os ignorantes? A comida encóntrase en todo lugar, e aínda así a fame proporciona a miña comida. Durante o día a partilla era orzada; e o orzamento de miña partilla, prexudicada."

A pesar de que as mulleres poderían alcanzar un status máis elevado na Sumeria que noutras civilizacións, a cultura era predominantemente masculina.

Arquitectura Artigo Principal: Arte da Sumeria

A planicie Tigris-Éufrates carecía de minerais e árbores. As edificacións sumerias comprendían estruturas planoconvexas feitas de ladrillos de barro, desprovistas de argamasa ou cemento. Unha vez que os ladrillos planoconvexos son de composición relativamente inestábel, os pedreiros sumerios engadían unha man extra de ladrillos, postos perpendicularmente a cada poucas fileiras. Aí entón enchían os ocos con betume, cana e xoio. As construcións feitas con ladrillos de barro acababan por se deteriorar, de forma que eran periodicamente destruídas, niveladas e reconstruídas no mesmo lugar. Esa constante reconstrución gradualmente elevou o nivel das cidades, de modo que se ergueron por riba da planicie á súa volta. As construcións resultantes coñécense co nome árabe de tell e encóntranse en todo o antigo Oriente Próximo. O tipo máis famoso e impresionante de entre as edificacións sumerias chámase cigurat, unha construción de largas, amplas plataformas sobrepostas en cuxo cumio había templos. Selos cilíndricos sumerios tamén describen casas construídas con cana, similares a aquelas construídas polos árabes das terras baixas da parte sur do Iraq até anos recentes.

Por outro lado, os templos sumerios e palacios fixeron uso de materiais e técnicas máis avanzadas como reforzos (soporte para os ladrillos), recesos (esquinas), pilastras e cravos de arxila. Literatura sumeria Segundo a clasificación de J. Krecher a literatura sumeria catalógase nos seguintes xéneros: Mitos: Acontecementos extraordinarios nas épocas arcaicas con personaxes divinos e que debido a estar ligados a prácticas de culto son moi repetitivos. Epopeas: fazañas dos reis ancestrais, entre elas destaca a Epopea de Gilgamesh. Inscricións votivas: referencias a empresas guerreiras ou culturais do oferente. Composicións historiográficas. referencias a sucesos pasados, explicacións mitolóxicas e pregarias, entre ela destaca as chamadas "lamentacións colectivas". Cartas á divindade: Lamentacións individuais. Conxuros máxicos, que formaban parte da menciña sumeria. Himnos. Mitos culturales, expresados en forma de disputa entre dous personaxes. Sátira escolar, material de práctica dos escribas sumerios onde se plasman as crenzas morais da civilización sumeria.

Escultura sumeria