1976 (MCMLXXVI) foi un ano bisesto comezado en xoves segundo o calendario gregoriano. Foi designado como o Ano do Dragón (segundo o horóscopo chinés), e foi Ano Santo Xacobeo.
Acontecementos 1 de xaneiro: en Venezuela, o goberno de Carlos Andrés Pérez nacionaliza a explotación de petróleo. 24 de febreiro: A Policía Armada mata ao silledense Teófilo del Valle en Elda durante unha folga do calzado. 9 de setembro: accidente ferroviario en Rande (Redondela)"El trágico accidente ferroviario de Rande", La Vanguardia, 10 de setembro de 1976 .. O expreso 2745 Santiago de Compostela-Vigo chocou cunha locomotora. O balance oficial do accidente foi de 15 persoas mortas e 35 feridas, se ben outras fontes sinalaron vinte mortos"Veinte muertos en un accidente ferroviario, en Vigo", El País, 10 de setembro de 1976 .. 15 de setembro: aparece Teima, primeira revista editada integramente en galego en Galicia. 3 de decembro: Fidel Castro asume o cargo de presidente de Cuba. 15 de decembro: celébrase en España o referendo para a reforma política.
Nacementos 2 de xaneiro - Paz Vega, actriz española. 3 de xaneiro - Jason Marsden, actor estadounidense. 26 de febreiro - Ander Izagirre, xornalista e escritor vasco. 18 de marzo - Orlando Gutiérrez Callejo, futbolista cántabro. 1 de xullo - Haaz Sleiman, actor libanés. 5 de xullo - María do Cebreiro, escritora galega. 9 de xullo - Francisco Noguerol, futbolista galego. 25 de agosto - Susana Seivane, gaiteira galega. 2 de outubro - Anita Kulcsár, xogadora de balonmán húngara. (m. 2005). 14 de outubro - Andreas Widhölzl, saltador de esquí austríaco. 4 de novembro - Alejandro Vázquez Palacio, futbolista asturiano.
Mortes 3 de xaneiro - Luís Barreiro Paradela, mestre, xornalista, escritor e debuxante galego. 8 de xaneiro - Zhou Enlai, primeiro ministro da República Popular da China (n. 1898) 10 de xaneiro - Howlin' Wolf, músico estadounidense (n. 1910) 12 de xaneiro - Agatha Christie, escritora inglesa de novelas de misterio (n. 1890). 1 de febreiro - Werner Heisenberg, físico alemán, Premio Nobel de Física (n. 1901) 1 de febreiro - George Whipple, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1878) 9 de febreiro - Xosé Veiga Roel, debuxante e fotógrafo galego (n. 1894). 12 de febreiro - Gonzalo Becerra Souto, político galego agochado corenta anos (n. 1910). 14 de febreiro - Leandro Carré Alvarellos, escritor galego. 17 de marzo - Luchino Visconti, director de cine italiano.
29 de marzo - Benigno Lago Estévez, empresario galego (n. 1897). 1 de abril - Max Ernst, artista plástico alemán (n. 1891)
10 de abril - Ramón Otero Pedrayo, escritor e intelectual galego. 17 de abril - Henrik Dam, médico dinamarqués, premio Nobel (n. 1895). 18 de abril - Raimundo Vidal Pazos, avogado e político galego (n. 1889). 11 de maio - Ramón Cabanillas Álvarez. xornalista e político galego (n. 1909). 26 de maio - Martin Heidegger, filósofo alemán (n. 1889).
27 de xuño - Benjamín Balboa López, militar galego (n. 1901). 2 de agosto - Fritz Lang, director de cine austríaco. 9 de agosto - José Lezama Lima, escritor cubano.
15 de agosto - José Rego López, sindicalista e político galego. 22 de agosto - Juscelino Kubitschek de Oliveira, presidente do Brasil (n. 1902).
27 de agosto - Cosme Vázquez, futbolista galego (n. 1904).
2 de setembro - Paco Filgueiras, político e sindicalista galego (n. 1920). 9 de setembro - Mao Tse Tung, político e revolucionario chinés.
9 de setembro - Gumersindo Sánchez Guisande, médico e catedrático galego (n. 1894).
26 de setembro - Lavoslav Ružička, químico croata, Premio Nobel (n. 1887). 2 de outubro - Enric Monjo, escultor catalán (n. 1895).
25 de outubro - Raymond Queneau, escritor francés (n. 1903)). 1 de novembro - Jan Černohorský, tirador de esgrima checo (n. 1898). 8 de novembro - Imeldo Corral González, pintor galego (n. 1889). 15 de novembro - Jean Gabin, actor francés. 15 de novembro - José Barral Souto, economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino (n. 1903). 23 de novembro - André Malraux, escritor e político francés. 27 de novembro - Xesús Taboada Chivite, etnógrafo, arqueólogo e historiador galego (n. 1907). 6 de decembro - João Goulart, presidente do Brasil (n. 1918). 29 de decembro - Ramón de Artaza Malvárez, avogado e escritor galego (n. 1877).
Premios Nobel Física: Burton Richter e Samuel Chao Chung Ting Química: William Lipscomb Fisioloxía ou Medicina: Baruch S. Blumberg e D. Carleton Gajdusek Literatura: Saul Bellow Paz: Betty Williams e Mairead Corrigan Economía: Milton Friedman
Día das Letras Galegas dedicado a: Ramón Cabanillas
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1976