1970 (MCMLXX) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano, e foi declarado Ano Internacional da Educación pola Organización das Nacións Unidas.
Acontecementos 1 de xaneiro - No Reino Unido fíxase a maioría de idade nos 18 anos. 12 de xaneiro: a Guerra de Biafra, finaliza coa rendición de Biafra. 23 de xaneiro: os gobernos do Perú e Colombia dan a coñecer a súa decisión de defender os seus dereitos para fixar a extensión dos seus mares territoriais. 23 de febreiro: en Georgetown (Güiana), o gobernador xeral británico proclama o nacemento da República de Güiana, con sir Edward Luckhoo como presidente. 9 de abril: en Chile, Salvador Allende convértese no primeiro político socialista da América do Sur que gaña eleccións presidenciais. 10 de abril: George Harrison anuncia a disolución do grupo The Beatles. 29 de abril: tropas estadounidenses e survietnamitas invaden Camboxa na procura de gerrilleiros vietcongs. 5 de maio: O buque petroleiro Polycommander encalla nas illas Cíes. 9 de maio: Nos Estados Unidos cen mil persoas protestan contra a guerra do Vietnam. 31 de maio: inauguración da Copa do Mundo de Fútbol na Cidade de México. Brasil será o campión neste ano. 21 de xuño: Inauguración do encoro de Asuán, en Exipto. 6 de setembro: Miguel Ángel Araujo Iglesias é ordenado bispo de Mondoñedo-Ferrol, celebrándose a cerimonia en galego por vez primeira na historia da igrexa galega. 10 de outubro: Fiji independízase do Reino Unido. 15 de outubro: en Exipto, Anwar el-Sadat convértese no novo presidente como sucesor do falecido Gamal Abdel Nasser. 13 de novembro: en Siria, tras un golpe de estado, Hafez al-Assad asume a presidencia do país. 10 de decembro: en Estocolmo, os investigadores da fusión nuclear e do ferromagnetismo Hannes Alfvén de Suecia e Louis Néel de Francia reciben o Premio Nobel de Física. 10 de decembro: en Noruega, o arxentino Luis F. Leloir é galardoado co Premio Nobel de Química polas investigacións realizadas sobre a interconversión de hidratos de carbono simples en complexos. O investigador agrónomo estadounidense Norman Borlaug recibe o Premio Nobel da Paz polo desenvolvemento en variacións de trigo de alta produtividade.
Nacementos 2 de febreiro - Aitor Gorosabel, cantante e guitarrista vasco. 12 de febreiro - Zack de la Rocha, cantante estadounidense. 7 de marzo - Xosé Duncan, escritor galego. 28 de marzo - Xerardo Quintiá, escritor galego. 29 de abril - Uma Thurman, actriz estadounidense. 29 de abril - Andre Agassi, tenista estadounidense. 4 de maio - Blanca Riestra, escritora galega. 5 de maio - Sviatoslav Shevchuk, Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia. 7 de xullo - Christian Levrat, sindicalista e político suízo. 31 de agosto - Debbie Gibson, cantante e actriz estadounidense. 20 de outubro - Aapo Ilves, escritor estoniano. 24 de novembro - Julieta Venegas, compositora e cantante mexicana.
Mortes 5 de xaneiro - Max Born, físico alemán, Premio Nobel de Física. 2 de febreiro - Bertrand Russell, filósofo británico. 17 de febreiro - Shmuel Yosef Agnon, escritor israelí, Premio Nobel de Literatura en 1966. 25 de febreiro - Mark Rothko, pintor estadounidense de orixe letón.
4 de marzo - Manuel Emilio Martínez García-Baladrón, avogado e empresario galego. 24 de marzo - Manuel Puente González, empresario en galeguista da Arxentina. 20 de abril - Paul Celan, poeta alemán.
9 de maio - Jesús Vázquez Gayoso, avogado e político galego (n. 1909). 2 de xuño - Giuseppe Ungaretti, poeta italiano. 15 de xuño - Almada Negreiros, artista multidisciplinar portugués. 27 de xullo - António de Oliveira Salazar, ditador portugués. 1 de agosto - Otto Heinrich Warburg, fisiólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1931. 12 de agosto - Juan López Suárez, médico e filántropo galego (n. 1884). 3 de setembro - François Mauriac, escritor francés. 14 de setembro - Rudolf Carnap, filósofo alemán. 18 de setembro - Jimi Hendrix, músico de rock estadounidense. 22 de setembro - Antonio Baltar, médico galego (n. 1906). 25 de setembro - Erich Maria Remarque, escritor alemán. 28 de setembro - Gamal Abdel Nasser, político e presidente exipcio. 28 de setembro - John Dos Passos, novelista e artista plástico estadounidense. 3 de outubro - José García Ramos, médico e político galego (n. 1875). 4 de outubro - Janis Joplin, cantante estadounidense. 28 de outubro - Gamal Abdel Nasser, presidente de Exipto. 8 de novembro - Marcelino García Villar, político galego (n. 1904) 9 de novembro - Charles de Gaulle, político e militar francés. 20 de novembro - María Barbeito, mestra e pedagoga galega (n. 1880) 25 de novembro - Yukio Mishima, escritor xaponés.
Premios Nobel
Física: Hannes Alfvén e Louis Néel Química: Luis F. Leloir Fisioloxía ou Medicina: Sir Bernard Katz, Ulf von Euler e Julius Axelrod Literatura: Alexander Solzhenitsin Paz: Norman Borlaug Economía: Paul Samuelson
Día das Letras Galegas dedicado a: Marcial Valladares Núñez
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1970