A proclamación do Imperio Alemán foi o proceso de fundación dun imperio nos territorios que hoxe maiormente se corresponden con Alemaña.
Historia Debido á unificación alemá, Otto von Bismarck e os seus políticos tiñan en mente construír un imperio glorioso en Alemaña, que acabaría con todos os estados alemáns. O 18 de xaneiro de 1871, a emancipación política alemá chegou ao seu punto máximo e proclamouse un imperio (en alemán: Deutsche Reichsgründung).
Pero pouco despois de Bismarck, novos movementos antiimperialistas tomaron diferentes camiños políticos, aderíndose ao marxismo, cuxo libro Das Kapital comezou a ser venerado polos funcionarios públicos do proletariado.
O proxecto de Bismarck funcionou, pero o Kaiser tivo políticas sanguinarias, que maltrataban o pobo, sen tolerancia cos opositores marxistas, e transformouse nunha ditadura imperialista. Segundo o historiador Hans-Ulrich Wehler, o control de Bismarck sobre o sistema político foi tan completo que cabe falar de "ditadura plebiscitaria de tipo bonapartista".
Bismarck era un home imperialista, conseguiu crear un imperio que remataría na Primeira guerra mundial coa derrota do Kaiser, dando paso á República de Weimar.
Notas
Véxase tamén
Sacro Imperio Romano Xermánico Prusia Reino de Baviera Unificación alemá Imperio alemán Imperio Austrohúngaro República de Weimar Terceiro Reich Categoría:Historia de Alemaña