Australis, coñecido tamén como OSCAR 5 (Orbiting Satellite Carrying Amateur Radio 5) foi un satélite artificial australiano lanzado o 23 de xaneiro de 1970 mediante un foguete Delta 4M desde a base Vandenberg da Forza Aérea.
Características Australis foi o primeiro satélite radioafeccionado construído en Australia. Foi manufacturado por estudantes da Universidade de Melbourne e tiña forma de prisma rectangular cunhas dimensións de 43 x 30 x 15 cm. Cunha masa de 15,8 kg, alimentábase mediante baterías e na súa superficie levaba tiras reflectoras para o control térmico do satélite. Dos seus lados sobresaían catro antenas monopolo, levando a bordo dous transmisores e un sensor de horizonte para determinar a súa velocidade de rotación. Estabilizábase mediante dous imáns pasivos para aliñar o satélite co campo magnético terrestre. Usábase un sistema de comandos para activar o transmisor do satélite, funcionando a unha frecuencia de 29,450 MHz só os fins de semana. O satélite era capaz de transmitir datos sobre o estado da batería, a súa temperatura e o sensor de horizonte usando un sistema de telemetría de sete canles mediante a modulación dos sinais do transmisor. Durante a súa vida útil a universidade de Melbourne recibiu informes de máis de 200 estacións de observación de 27 países distintos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Delta N6
Categoría:Satélites artificiais