Esther Victoria Cooper Jackson, nada o 21 de agosto de 1917 e finada o 23 de agosto de 2022, foi unha activista polos dereitos civís e traballadora social estadounidense. Traballou con Shirley Graham Du Bois, W. E. B. Du Bois, Edward Strong e Louis E. Burnham, e foi unha das editoras fundadoras da revista Freedomways, unha revista política, teórica e literaria publicada dende 1961 a 1985. Tamén foi secretaria executiva e de organización do Southern Negro Youth Congress.

Traxectoria Jackson naceu o 21 de agosto de 1917, in Arlington, Virxinia, filla de George Posea Cooper e Esther Georgia Irving Cooper, quen foi a presidenta da filial de Arlington da Asociación Nacional para o Progreso da Xente de Cor. Asistiu a unha escola segregada sendo nena. Posteriormente graduouse no Oberlin College en 1938 e fixo un mestrado en socioloxía na Universidade Fisk en 1940. A súa tese de 1940 foi "The Negro Woman Domestic Worker in Relation to Trade Unionism". Ao graduarse, recibiu unha Rosenwald Fellowship para apoiar un estudo sobre as actitudes da mocidade negra ante a segunda guerra mundial. Ela tiña planeado realizar o estudo como parte dos seus estudos de doutoramento en socioloxía na Universidade de Chicago.

Sobre a súa crianza e familia, Jackson contou:

En 1945 foi delegada no World Youth Congress en Londres e exerceu como presidenta do Subcomité Americano de Problemas dos Pobos Dependentes.

Despois de graduarse, Jackson converteuse nun membro do Proxecto Votación en Birmingham, Alabama, para o Congreso da Xuventude Negro do Sur (SNYC). Mentres traballaba con SNYC coñeceu ao seu futuro marido James E. Jackson, un teórico marxista que traballaría como organizador laboral e funcionario do Partido Comunista dos Estados Unidos. Nunha entrevista de 2004, ela explicou que o seu marido e o SNYC axudaran en 1937 aos traballadores do tabaco en Virxinia a conseguir xornadas de oito horas e aumentar os salarios. Os traballadores do tabaco realizaron a primeira folga en Virxinia en 1905, e os seus logros, segundo C. Alvin Hughes, "axudaron a SNYC a gañar un número de seguidores entre a clase traballadora negra do Sur".Rocksborough-Smith, Ian, "Bearing the Seeds of Struggle", MA thesis, Simon Fraser University, 2005.

Aínda que só tiña intención de quedar un verán, Jackson permaneceu en Alabama durante sete anos, envolta na loita para derrubar a segregación de Jim Crow. Durante sete anos como líder destacada de SNYC, Esther Cooper Jackson traballou co seu marido, Louis e Dorothy Burnham, Ed Strong, Sallye e Frank Davis —pais das irmás Davis, Angela e Fania—e numerosos outros, realizando moitas campañas de promoción dos dereitos dos negros e dos brancos pobres. A axitación da SNYC pola integración dos sistemas de transporte público foi importante na preparación para as loitas posteriores nos anos 50 e 60.

Freedomways Na Nova York de 1961, Jackson converteuse en editora-xerente de Freedomways, revista creada por Esther Jackson, xunto con Louis Burnham, Jack O'Dell da Southern Christian Leadership Conference e a escritora Lorraine Hansberry. Freedomways foi a revista teórica central do movemento intelectual e das artes negras do século XX nos Estados Unidos. Dende o seu lanzamento en 1961, atraeu a historiadores, sociólogos, economistas, artistas, traballadores e estudantes para escribir sobre a historia, o patrimonio e a cultura dos afroamericanos. Jackson chamaríaa "unha ferramenta para a liberación do noso pobo". Freedomways foi unha revista política, artística e intelectual de influencia mundial que publicou poetas internacionais como Pablo Neruda e Derek Walcott, artigos de líderes africanos como Kwame Nkrumah, Julius K. Nyerere, Agostinho Neto e Jomo Kenyatta e o esquerdista caribeño C. L. R. James, así como autores afroamericanos como James Baldwin, Alice Walker, Paul Robeson, Nikki Giovanni e Lorraine Hansberry. Os artistas afroamericanos máis destacados como Jacob Lawrence, Romare Bearden e Elizabeth Catlett contribuíron de balde coa portada para apoiar a revista, que foi lida en todo o mundo. Unindo as loitas polos dereitos civís do sur e do norte dos Estados Unidos da década de 1960 cun punto de vista internacional tomando en consideración o panafricanismo e outras correntes culturais e políticas, a revista adoita ser vista como unha precursora do Movemento das Artes Negras.

Vida persoal Jackson e o seu marido, James E. Jackson, casaron en 1941 e tiveron dous fillos. Mudáronse a Brooklyn en 1951, e seguiron casados até a morte del en 2007. En 2015, Jackson mudouse a un centro de retiro en Boston, onde morreu o 23 de agosto de 2022, dous días despois do seu aniversario número 105.

Obras The Negro Woman Domestic Worker in Relation to Trade Unionism, M.A. thesis, Fisk University, 1940, excerpts reprinted in Viewpoint Magazine 5 (outubro de 2015). .

Esther Cooper Jackson e Constance Pohl (2000). Freedomways Reader: Prophets in Their Own Country: Interventions—Theory and Contemporary Politics. Boulder: Westview Press.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1917 Categoría:Alumnos do Oberlin College Categoría:Finados en 2022 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas afroamericanos Categoría:Activistas do movemento polos dereitos civís dos Estados Unidos de América