O Büyükçekmece Basketbol, coñecido por motivos de patrocinio como ONVO Büyükçekmece é un club profesional de baloncesto turco con sede no distrito de Büyükçekmece en Istanbul. Actualmente xoga na Basketbol Süper Ligi (BSL), a máxima categoría do baloncesto turco. Fundado en 2011, o equipo xoga os seus partidos como local no Gazanfer Bilge Spor Salonu, recinto con capacidade para 2 500 espectadores.
Historia O club foi fundado en 2011 baixo o nome de Tüyap Büyükçekmece. O equipo comezou a xogar na TB3L na temporada 2011−12. Na campaña 2012−13, o equipo gañou a TB3L e ascendeu á TB2L. Na súa primeira tempada na TB2L, o equipo finalizou en 9ª posición, permanecendo así un ano máis na liga. Na tempada 2014-15, o equipo rematou en 4ª posición da temporada regular e venceu ao Akhisar Belediyespor nos cuartos de final dos playoffs de ascenso. A continuación, o equipo venceu nas semifinais ao Denizli Basket Spor Kulübü, chegando o Tüyap Büyükçekmece á final da TB2L. Na final, o equipo perdeu contra o Yeşilgiresun Belediyespor Kulübü, pero aínda así ascenderon á Basketbol Süper Ligi, máxima categoría do baloncesto do país.
Desde ese ascenso o club permaneceu sempre na elite turca, sendo os seus mellores resultados os obtidos en 2015−16 e 2022−23 co décimo lugar na táboa clasificatoria. Tamén xogaron dúas temporadas competicións europeas, concretamente nas edicións de 2017 e 2018 da FIBA Europe Cup.
Patrocinadores Por motivos de patrocinio o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: Tüyap Büyükçekmece (2011−2015) Demir İnşaat Büyükçekmece (2015−2018) Arel Üniversitesi Büyükçekmece (2018−2021) Büyükçekmece Basketbol (2021−2022) ONVO Büyükçekmece (2022−presente)
Temporadas AnoNivelDivisión Competicións europeas2011–123 TB3L 2012–133 TB3L 1º 2013–142 TB2L 9º 16−18 2014–152 TB2L4º 23−11 2015–161 BSL10º 14−16 2016–171 BSL 13º 9−21 4 FIBA Europe Cup 10–4 2017–181 BSL 12º 10−20 4 FIBA Europe Cup 10–6 2018–191 BSL 12º 8−20 2019–201 BSL 15º 3−20 2020–211 BSL 13º 10−20 2021–221 BSL 12º 10−20 2022–231 BSL 10º 13−17
Xogadores Destacados
İlkan Karaman Deniz Kılıçlı Burak Can Yıldızlı Milan Milošević Andrew Andrews Hilton Armstrong Angelo Caloiaro Danny Gibson Kenny Hayes Jerry Johnson Saulius Kulvietis Martynas Sajus Clevin Hannah Michael Roll Volodymyr Gerun
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil oficial do club en Instagram (en turco) Perfil do club en Eurobasket
Buyukcekmece Basketbol