Oenothera rosea é unha especie de planta herbácea bienal, pertencente á familia Onagraceae. Distribúese en Estados Unidos, España,México, Costa Rica, Guatemala, Bolivia, Ecuador, Perú, Arxentina e Uruguai.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras miniatura|240x240px|Detalle da flor.
Descrición É unha herba que mide entre 15 e 45 cm de altura. Ten as follas en forma de lanza coa parte media ancha, de bordo enteiro ou pouco ondulado e con nervadura moi marcada. As súas flores son solitarias e de pétalos anchos que as fan verse case cadradas, de cor rosa ou violeta.
Distribución e hábitat É orixinaria de México a Colombia e está presente en climas cálidos, semicálidos, semisecos e tépedos, entre os 200 e os 1100 m s. n. m. e os 1865 e até os 3900 m s. n. m. Crece a beira de camiños, en ocasións cultivada en hortos familiares, establécese en bosques tropicais caducifolios, subcaducifolios e perennifolios, matogueira xerófila, espiñenta e con maior frecuencia en bosque mesófilo de montaña, bosques de carballos, de piñeiros, mixto de carballos-piñeiros e de xenebreiros.
Taxonomía Oenothera rosea foi descrita por Charles Louis L'Héritier de Brutelle ex Aiton e publicada en Hortus Kewensis; or, a catalogue . . . 2: 3. 1789.
Sinonimia
Hartmannia affinis Spach Hartmannia gauroides Spach Hartamnnia rosea L'Hér. ex Aiton G.Don Hartmannia virgata (Ruiz & Pav.) Spach Oenothera psychrophila Oenothera purpurea Lam. Oenothera rubra Cav. Oenothera virgata Ruiz & Pav. Xylopleurum roseum (L'Hér. ex Aiton) Raim.
Notas
Véxase tamén Bibliografía USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?25536 . (10 dic 2007)
Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de América Central Categoría:Plantas invasoras