Andrés Rodríguez Pérez, finado en Ourense o 22 de agosto de 1944, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido pola brigadilla da Garda Civil e posto a disposición da autoridade militar en marzo de 1942.El Pueblo Gallego, 19-3-1942, p. 5. Preso con José Luis Núñez Fernández nos calabozos de San Francisco agardando o consello de guerra sumarísimo por atraco a man armada e asasinato, fuxiron da cadea. Foron detidos na Gudiña en novembro de 1943.La Región, 14-11-1943, p. 2.El Pueblo Gallego, 14-11-1943, p. 7. Xulgado en consello de guerra en Ourense en 1944 con José Luis Núñez Fernández e Manuel Fernández Arístegui. Condenados a pena de morte, foron executados no Cuartel de San Francisco de Ourense o 22 de agosto de 1944.La Región, 23-8-1944, p. 3.El Ideal Gallego, 24-8-1944, p. 6.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas La Guerra Civil y la posguerra de un médico ourensano: Noticias del Dr. Eustaquio Álvarez Eire
Sumarísimos e tantas outras historias
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Finados en 1944