Anxo Coya Otero, nado o 6 de outubro de 1974 no Hío (Cangas de Morrazo), é un caldeireiro naval e investigador galego.

Traxectoria Estudou a EXB no colexio do Hío e Bacharelato no IES María Soliño de Cangas e na Escola de adultos de Vigo. Traballa de caldeireiro naval.

Ten investigado en temas de patrimonio e tradición, sobre todo nos cruceiros e concretamente no coñecido cruceiro do Hío. Ten pronunciado palestras e colaborado na prensa, sobre todo no Faro de Vigo, con temas de cruceiros, Entroido, apelidos, hórreos etc.

Obras

Libros colectivos

Actas do Vº Congreso Galego de Cruceiros (2014). ISBN 978-84-92867-15-8. “Ignacio Cerviño Quinteiro nos documentos”. Actas do VIII Congreso Galego de Cruceiros (2017). ISBN 2017. ISBN 978-84-617-9490-4. “Probas e consideracións sobre o escultor Ignacio Cerviño”.

Premios

Premio Ignacio Cerviño á Recuperación/Promoción do Patrimonio 2019.

Notas

Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1974

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes