miniatura|Fig.1. Ciclo celular que mostra a formación do anel de actomiosina durante a telofase ou inicio da citocinese. miniatura|Fig. 2. O anel de actomiosina induce a formación do suco de segmentación (4ª desde arrib) para axudar á división da célula. En bioloxía molecular, o anel contráctil de actomiosina é unha prominente estrutura que se forma nas células durante a citocinese e contribúe ao estrangulamento da célula. Fórmase perpendicularmente ao eixe do aparato do fuso contra o final da telofase, na cal as cromátides irmás se separan cara a lados opostos do fuso, onde se formarán os novos núcleos (Figura 1). A formación do anel de actomiosina segue unha secuencia ordenada de eventos: identificación do sitio de división activo, formación do anel, constrición do anel e desensamblaxe do anel. Está composto de feixes das proteínas actina e miosina II, de aí o seu nome de anel de actomiosina. Este anel funciona creando un movemento contráctil, aínda que o mecanismo que explica como se contrae e que desencadea a contracción aínda se está estudando. Outras proteínas citoesqueléticas tamén están implicadas no mantemento e estabilidade do anel e en impulsar a súa constrición. Ademais da citocinese, na cal o anel se estrangula a medida que a célula se divide (Figura 2), a constrición do anel de actomiosina tamén se activa durante o peche de feridas. Durante este proceso, os filamentos de actina son degradados, preservando o grosor do anel. Despois de que a citocinese se completa, unha das dúas células fillas herda un resto do anel denominado anel do corpo medio.

A activación de quinases do ciclo celular (por exemplo, as quinases asociadas a Rho) durante a telofase inicia a constrición do anel de actomiosina creando un suco que migra cara ao interior da célula. As quinases Rho como ROCK1 regulan a contracción da actomiosina pola fosforilación da cadea lixeira da misosina. Este mecanismo promove os contactos entre células e a súa integridade causando a adhesión celular.

Variacións entre reinos En animais o anel fórmase creando o suco de segmentación no interior da membrana plasmática e despois divídese por abscisión. En fungos que se dividen por xemación fórmase no colo de xemación un anel de actomiosina, na formación do cal está implicada a septina. Na maioría das bacterias e moitas arqueas fórmase unha estrutura homóloga chamada anel z a partir de unidades da proteína FtsZ, un homólogo da tubulina eucariota.Alberts, B., A. Johnson, J. Lewis, D. Morgan, M. Raff, K. Roberts, and P. Walter, editors. (2015). Molecular Biology of the Cell, 6ª edición. Garland Science: New York. 1464 pp. Os cloroplastos forman unha estrutura análoga constituída por FtsZ. Estas estruturas non están feitas de actomiosina, pero realizan un papel similar na constrición e permitindo a división da célula procariota ou do orgánulo. En células de plantas non hai anel de actomiosina, porque no seu lugar fórmase unha placa celular que crece centrifugamente desde o centro do plano de división da célula ata que se fusiona coa parede celular en ambos os extremos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Citocinese

Categoría:Mitose Categoría:Complexos proteicos