O mosteiro de Geghard (en : que quere dicir "lanza") é un mosteiro medieval na provincia de Kotayk, en Armenia. O mosteiro está parcialmente tallado na montaña adxacente, rodeado de cantís. No ano 2000, foi catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, gozando dun status de protección especial.

A capela principal foi construída en 1215, mais o complexo do mosteiro foi fundado no século IV por Gregorio o Iluminador no lugar dun manancial sagrado dentro dunha cova. O mosteiro fora chamado orixinalmente Ayrivank (Այրիվանք), que significa "o Mosteiro da Cova". O nome máis común usado hoxe para o mosteiro, Geghard, ou Geghardavank (Գեղարդավանք), que significa "o Mosteiro da Lanza", procede da lanza que feriu a Xesús na Crucifixión, supostamente traído a Armenia polo Apóstolo Xudas Tadeu, e gardada entre moitas outras reliquias. Agora móstrase no tesouro de Echmiadzin.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía "Architectural Ensembles of Armenia", por O. Khalpakhchian, publicado en Moscova por Iskusstvo Publishers en 1980.

Categoría:Mosteiros de Armenia