A catedral de Etchmiadzin (en ; Ēǰmiatsni mayr tačar) ou catedral da Santa Etchmiadzin é a igrexa nai da Igrexa apostólica armenia. Atópase na cidade coñecida de maneira dual como Etchmiadzin (Ejmiatsin) ou Vagharshapat, en Armenia.A cidade chamouse Vagharshapat durante a maior parte da súa historia. Chamábase oficialmente Etchmiadzin ou Ejmiatsin entre 1945 e 1995. Hoxe en día, ambos os dous nomes utilízanse de forma intercambiable. É considerada a primeira catedral construída na antiga Armenia, e a miúdo considérase a catedral máis antiga do mundo.
A igrexa orixinal foi construída a comezos do século IV —entre o 301 e o 303 segundo a tradición— polo santo patrón de Armenia Gregorio o Iluminador, tras a adopción do cristianismo como relixión estatal polo rei Tiridates III. Foi construído sobre un templo pagán, simbolizando a conversión do paganismo ao cristianismo. O núcleo do edificio actual foi construído en 483/4 por Vahan Mamikonian despois de que a catedral fose gravemente danada nunha invasión persa. Dende a súa fundación ata a segunda metade do século V, Etchmiadzin foi a sé do Catholicos, o xefe supremo da Igrexa armenia.
Como o centro do cristianismo armenio, Etchmiadzin foi un lugar importante en Armenia non só relixiosamente, senón tamén política e culturalmente. Un importante lugar de peregrinación, é un dos lugares máis visitados do país. Xunto con varias igrexas medievais importantes situadas nas proximidades, a catedral foi catalogada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2000.
Notas
Categoría:Catedrais apostólicas armenias de Armenia