Álvaro López Ratón, nado no Carballiño o 29 de xaneiro de 1993, coñecido deportivamente como Ratón, é un futbolista galego que xoga na posición de gardameta no Wisła Kraków da I Liga de Polonia.

Traxectoria Rato comezou a xogar ao fútbol no Pavillón de Ourense e o Club Deportivo Arenteiro, equipos do fútbol base da súa provincia. Con catorce anos fichou pola canteira da Valencia Club de Fútbol, conxunto no que permanecería até o primeiro ano de xuvenís. Competiu tamén en idade de xuvenil na canteira do Deportivo da Coruña e Montañeros, sendo estes dous últimos conxuntos cos que entrou en convocatorias do filial deportivista, e despois do primeiro equipo montañeiro, sen chegar a debutar finalmente.

Na categoría sénior, fichou polo Arroyo da Segunda División B de España, sendo o terceiro porteiro do equipo, no que tampouco chegou a debutar. Así, no mercado de inverno de 2013 recalou no Algeciras, co que por fin debutou esa tempada. Na seguinte tempada fichou polo Real Betis "B". Con estes dous últimos conxuntos conseguiu ascender a Segunda B consecutivamente. Despois formou parte do Villanovense de Segunda División B, co que chegou a xogar unha fase de ascenso a Segunda División (2015), caendo eliminado na primeira rolda polo Bilbao Athletic.

No verán de 2015 pasou a formar parte do persoal do Deportivo Aragón, filial do Real Zaragoza.Un «gato» llamado RatónÁlvaro Ratón, el irreductible portero que supera a Keylor Navas Logo dunha tempada, o 15 de xullo de 2016 renovou por tres anos xa con ficha no primeiro equipo como grande aposta de futuro.Álvaro Ratón amplía su contrato con el Real Zaragoza hasta 2019Ratón amplía su contrato con el Real Zaragoza tres años más

Debutou no primeiro equipo do Real Zaragoza o 7 de setembro de 2016 en competición copeira contra o Real Valladolid no Estadio da Romareda, partindo como meta titular e disputando o encontro na súa totalidade, o cal acabou coa derrota para o conxunto zaragocista por 1-2 e por tanto tamén caendo eliminado da Copa do Rei. O 23 de outubro do mesmo ano debutou en Segunda División, precisamente contra o mesmo conxunto.

O 13 de xaneiro de 2021 ía facerse oficial a súa cesión ao Gimnàstic de Tarragona, mais esta truncouse debido a que René Román non pasou as probas médicas.

Tras sete tempadas no Real Zaragoza, o 31 de maio despediuse do club tras terminar o seu contrato. Entón seguiu a súa carreira no Wisła Kraków co que asinou por un ano.

Selección galega Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).

Notas

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Xogadores do Wisła Kraków Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do CF Villanovense Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Algeciras CF Categoría:Futbolistas da provincia de Ourense