Xaime Félix López Arias, nado en Nespereira (Sarria) o 25 de setembro de 1949, é un escritor, profesor e avogado galego.

Ten usado o pseudónimo de Arlindo López.

Traxectoria

Despois de facer Maxisterio en Lugo, exerceu de Profesor de Primaria en Doade, en Ribeiras de Lea e nas Nogais, especializándose na educación de adultos. Fixo o Graduado Social e licenciouse en Dereito na UNED en 1978. Rematou de profesor no Instituto de Ensino Secundario Gregorio Fernández –Sarria-, ademais de exercer a avogacía na súa vila.Ten colaborado en revistas sobre o Camiño de Santiago, publicado traballos de investigación histórica no Boletín do Museo Provincial de Lugo, no Boletín do Seminario de Estudios Sarrianos, na revista Seurros e en Corga: revista anual do Centro de Estudos do Corgo,. Ademais, participou nas publicacións O Tamborileiro (Sarria) e Casa Grande de Sarria. "Cousas Xacobeas" son as súas colaboracións en Galicia Dixital.

É autor dos relatos As augas toldas (accésit Pedrón de Ouro), Cuco Rei (accésit Pedrón de Ouro), O Trasno da Cervela (Revista Grial)

Promoveu o Arquivo Comarcal de Sarria e as asociacións culturais “Arcas” e “Irmandade Sarria-Guerledan”.

Foi o pregoeiro das Festas do San Xoán de Sarria en 2024.

Obras

Santa María Madalena de Sarría (1996). Servicio de Publicacións, Deputación Provincial de Lugo. ISBN 84-8192-063-0. Sarria (2002). Editorial Everest A primeira Deputación Provincial de Lugo (2004). Servicio Publicacións, Deputación Provincial de Lugo. ISBN 84-8192-267-6.

Premios

Recibiu o premio de relato Meigas e Trasgos Camelia de Ouro en Vilagarcía Convivio de Guimarães (ensaio).

Notas

Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1949 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega