Little Earthquakes é o álbum de estrea da cantautora e compositora estadounidense Tori Amos, publicado o 6 de xaneiro de 1992 a través do selo Atlantic Records. O disco conta cos sinxelos "Silent All These Years", "China", "Winter" e "Crucify". despois de que Atlantic rexeitase a primeira versión do álbum, Amos comezou a traballar nunha segunda versión co seu mozo daquela Eric Rosse. O traballo foi lanzado primeiro no Reino Unido onde chegou ao número 14 das listas.
O disco foi ben recibido polos críticos e o público. Nos Estados Unidos chegou ao número 54 da lista Billboard 200. Considérase con frecuencia como un dos mellores álbums de todos os tempos; foi votado número 73 nos 1000 mellores álbums de todos os tempos de Colin LarkinLarkin, Colin (2000). All Time Top 1000 Albums (3rd ed.). Virgin Books. p. 66. ISBN 0-7535-0493-6 e no posto 233 dos 500 mellores álbums de todos os tempos de Rolling Stone.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Tori Amos Categoría:Álbums musicais de 1992 Categoría:Álbums producidos por Eric Rosse Categoría:Álbums producidos por Ian Stanley Categoría:Álbums de Atlantic Records