Ernesto Ferro Borrajo, nado en Ourense en 1926 e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 2013, foi un ebanista e actor galego.
Traxectoria Nado en Ourense, herdou de seu pai a profesión de ebanista, na que traballou até a súa xubilación. Posteriormente comezou a facer teatro no grupo Aturuxo de Ourense e aos 75 anos debutou como actor de televisión co papel de Don Cosme na serie da Televisión de Galicia Pequeno Hotel.
Traballou tamén no cine, nos filmes Días de voda e O ano da carracha e nos seguintes anos tivo pequenos papeis en series de televisión como Libro de familia, Terra de Miranda, Hospital Central ou Pepe o inglés. Faleceu en Ourense aos 86 anos de idade.
Filmografía Cine Días de voda (2002), de Juan Pinzás. Como avó. O ano da carracha (2004), de Jorge Coira.
Televisión Pequeno Hotel (2001). Como Don Cosme. Libro de familia (2005). Terra de Miranda (2005). Hospital Central (2005). Como Paco. Pepe o inglés (2006).
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Ebanistas Categoría:Actores de Ourense Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de cinema de Galicia