Na mitoloxía galega, o zarrouco ou zarronco é un ser imaxinario descrito baixo diferentes formas (insecto de gran tamaño, home extraordinariamente feo, ser fantasmal) co que se pretende meter medo ós meniños, a modo dun coco.

A forma que toma con máis frecuencia é a dun insecto grande (xigantesco, din) e desagradable, pero outras veces aparece, sempre de noite, como un home alto e moi feo, cun saco ás costasLémbrese a figura do home do saco que se leva ós meniños que se portan mal. e que non fala, senón que funga ou ronca (de onde probablemente lle veña o nome); móstrase sempre enfadado e de mal xenio.

Os lexicógrafos que recolle o Dicionario de dicionarios só contemplan a acepción de insecto imaxinario grande e desagradable.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Dicionario de dicionarios, ILG, s. v. zarronco e zarrouco.

Categoría: Mitoloxía galega