miniatura| Un Kharkovchanka preto da estación Zhongshan na Antártida (2014)
O Kharkovchanka (en ) ou Kharkivyanka (en ), é un vehículo todoterreo antártico fabricado entre 1957 e 1958 na Unión Soviética.
Co nome en clave de Manufactura 404S, foi deseñado e construído pola Planta de Enxeñaría de Transporte de Khárkiv, situada na entón República Socialista Soviética de Ucraína. Máis tarde foi fabricado na Factoría Malyshev da mesma cidade. Está baseado no tractor de artillaría AT-T (que se inspiraba así mesmo no tanque T-54). En decembro de 1959 dúas unidades (cos números "21" e "23") foron despregadas na Antártida e chegaron ao Polo Sur. Este enorme vehículo de neve todoterreo contaba cunha pequena cociña, aseo, forno e oito camas.
Na 39ª expedición antártica rusa, os Vityaz DT-30P substituíron aos Kharkovchankas.
Historia miniatura| A segunda xeración do Kharkovchanka. En 1958 construíronse tres Kharkovchankas, que foron enviados á Antártida, onde atravesaron o territorio desde a costa ata a estación soviética de Vostok en febreiro de 1959. A principios de decembro de 1959, saíron da estación de Vostok dous Kharkovchankas e un tractor AT-T, en dirección ao Polo Sur xeográfico, ao que chegaron o 26 de decembro de 1959. Alí sorprenderon á tripulación dos Estados Unidos que fora transportada en avión á Estación Amundsen-Scott o verán anterior. Nos anos seguintes realizáronse ducias de misións exploratorias máis con Kharkovchankas.
Entre 1974 e 1975, deseñouse e construíuse un Kharkovchanka de segunda xeración para o servizo antártico. A maior diferenza de deseño foi o cambio de localización da cabina e do motor á parte dianteira, así como a adición de xeración de enerxía auxiliar e calor cando o motor principal non estaba funcionando. Tres Karkovchankas de segunda xeración saíron da liña de produción en outono de 1975.
Na década de 1980 planeouse unha terceira xeración baseada no tractor MT-T, pero quedou en suspenso permanente por razóns orzamentarias. Tras a disolución da Unión Soviética, os Kharkovchankas quedaron como o principal sistema ruso de transporte de carga antártica ata comezos da década de 2010.
Descrición
Primeira xeración Do mesmo xeito que o Antarctic Snow Cruiser, o motor estaba dentro do espazo habitable, duns 20 metros cadrados, para permitir o mantemento técnico sen se expoñer aos elementos. Con todo, o motor facía un ruído que dificultaba en gran medida o sono e os gases de escape cubrían o habitáculo de feluxe.
Características técnicas
Primeira xeración
Ensamblaxe: Khárkiv (Planta de Enxeñaría de Transporte), RSS de Ucraína Fabricante: Factoría Malyshev Lonxitude: 8,5 metros Ancho: 3,5 metros Altura: 4 metros Rodas: 7 a cada lado con piñón motriz e polea Ancho da pista: 1 metro Suspensión: barra de torsión Motor: V12 diésel de 995 CV Velocidade de cruceiro: 30 km/h Velocidade máxima: 56 km/h Pendente máxima: 30 graos Peso: 35.000 kg Capacidade de carga: 60 toneladas
Notas
Categoría:Vehículos da Unión Soviética