Razorlight é unha banda inglesa de indie rock formada en Londres en 2002 polo vocalista e guitarrista Johnny Borrell. Ademais de Borrell, a actual formación está composta polos membros fundadores Björn Ågren (guitarra) e Carl Delemo (baixo), así como o batería Andy Burrows. Esta formación é unha reunión dos membros que gravaron o segundo e o terceiro álbum do grupo.
A banda pasou por varios cambios de formación, sendo Borrell o único membro permanente. Lanzaron tres álbums de estudio antes de separarse en 2014. O grupo reformouse en 2017 e lanzou o álbum Olympus Sleeping en 2018.
Razorlight é sobre todo coñecida polos sinxelos "Golden Touch", "Somewhere Else", "In The Morning" e "America", o último dos cales foi un número 1 na lista de sinxelos do Reino Unido en 2006.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Up All Night 2004 Vertigo Records Razorlight 2006 Vertigo Records Slipway Fires 2008 Vertigo Records Olympus Sleeping 2018 Atlantic Culture Planet Nowhere 2024 V2 Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais formados en 2002