A catorra de Kramer (Psittacula krameri) é unha especie de ave psitaciforme da familia Psittaculidae orixinaria de África e do sur de Asia. É empregada como ave de gaiola. Está amplamente distribuída por outras partes do mundo debido a escapes e soltas."Quieren acabar con las cotorras"
Etimoloxía O nome do xénero, Psittacula, é un diminutivo do latín psittacus, 'papagaio'. O epíteto krameri é unha homenaxe ao naturalista austríaco Wilhelm Heinrich Kramer, por iso o seu nome común é catorra de Kramer.
Descrición e comportamento miniatura|222x222px|Varias mutacións criadas en catividade da catorra de Kramer. A cotorra de Kramer posúe dimorfismo sexual, a diferenza doutros tipos de catorras. Así pois, os machos adultos locen un anel no pescozo de cor rosa e negra, mentres que as femias e os novos non mostran aneis no pescozo ou, de o ter, dunha cor cinsenta.
Ambos os sexos teñen unha cor verde distintiva na natureza. Os criados en cativerio teñen múltiples mutacións de cor: azul, amarela, branca, rosa, canela etc. Estas catorras miden uns 40 cm de longo, incluídas as plumas da cola, unha gran parte da súa lonxitude total. A súa lonxitude media de á única é de aproximadamente 15 a 17,5 cm.
En estado salvaxe, produce sons inconfundibles. Pode aprender a imitar algunhas palabras, pero non ten excelente capacidade de imitar como outros papagaios. Tanto os machos como as femias teñen a capacidade de imitar a fala humana. Primeiro, a cotorra escoita a súa contorna e logo copia a voz do falante humano. Algunhas persoas críanas á man con papa para este propósito. Os devanditos papagaios vólvense bastante mansos e receptivos á aprendizaxe. miniatura|Dúas catorras nunha árbore.|222x222px Distribución Orixinalmente distribuíase na India, Paquistán, Sri Lanka, Nepal e África, entre outros. Non migra.
Desde o século XIX, a cotorra de Kramer colonizou con éxito moitos outros países. Reprodúcese máis ao norte que calquera outra especie de catorra. Estableceuse a gran escala en Alemaña, Francia, Bélxica, os Países Baixos, Italia e, especialmente, o Reino Unido. Actualmente, debido a unha solta incontrolada, é unha praga na cidade de Sevilla en España.
Alimentación Na natureza, as cotorras de Kramer xeralmente aliméntanse de gromos, froitas, verduras, noces, bagas e sementes. As bandadas salvaxes tamén voan varias millas para buscar alimento en hortos, causando grandes danos aos cultivos agrícolas. As cotorras salvaxes visitan regularmente os xardíns e outros lugares preto da habitación humana e toman comida de comedeiros para aves.
Na India, aliméntanse de grans de cereal, e durante o inverno tamén de Cajanus cajan. En Exipto, durante a primavera, aliméntanse de moreiras. No verán aliméntanse de dátiles, aniñan dentro das palmeiras e comen dos campos de xirasol e de millo.
Reprodución esquerda|miniatura|Psittacula krameri - MHNT No noroeste da India, as catorras de Kramer forman parellas de setembro a decembro. Non teñen compañeiros de vida e, a miúdo, reprodúcense con outra parella durante a seguinte tempada de reprodución. Durante esta estación fría, seleccionan e defenden os sitios de aniñación, de modo que evitan así a competencia polos sitios con outras aves. Alimentarse con cultivos de chícharos de inverno proporciónalle á femia os nutrientes necesarios para a produción de ovos. A femia pon de dous a seis ovos e incúbaos ela, xa que o macho raras veces participa na incubación. Aproximadamente aos 23 días nacen os pichóns, que de abril a xuño son coidados e alimentados polos seus pais. Os pichóns deixan o niño antes da tempada do monzón.
Subespecies Recoñécense catro subespecies, dúas de cada unha agrupadas nun continente distinto:
Subespecies africanas
Psittacula krameri krameri Psittacula krameri parvirostris
Subespecies asiáticas
Psittacula krameri borealis Psittacula krameri manillensis
Especie invasora Debido ao seu potencial colonizador e a constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto. Polo tanto, está prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.
A Xunta de Galicia tamén a considera unha especie invasora en Galicia. Nesta comunidade atópase principalmente na provincia de Pontevedra e na cidade da Coruña.
A Comunidade de Madrid, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no artigo 22, da Orde 1613/2013, de 25 de xuño, establece o permiso regulado para a captura e morte de calquera exemplar de cotorra de Kramer (Psittacula krameri) e de cotorra arxentina (Myiopsitta monachus), durante a práctica de calquera actividade cinexética autorizada, durante os períodos hábiles de caza. Ademais, faculta a todos os municipios da Comunidade de Madrid para establecer mecanismos de control das especies de fauna declaradas como exóticas invasoras, dado que supoñen un risco para algunhas especies autóctonas, especialmente o nóctulo grande, ao que esta ave expulsa dos seus refuxios nas cavidades dos troncos.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Xeno-canto. Psittacula krameri. Canto.
Categoría:Especies invasoras animais Categoría:Aves de África Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1769