Encarna Lago González, nada en Barcelona o 22 de xullo de 1962, é unha xestora cultural e comisaria de exposicións galega, reside en Pedrafita do Cebreiro.
En 2024 era xerente da Rede Museística Provincial de Lugo. Seguidora da corrente Nova Museoloxía, baseada en valores sociais e comunitarios nos seus proxectos destaca o traballo colaborativo e inclusivo.
Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2024.
Traxectoria
Técnica Superior de Cooperación Internacional polo Instituto Europeo de Empresa - UNESCO (2009-2010). Traballa no Museo Provincial de Lugo desde 1991. Neste centro foi responsable do Departamento de Didáctica (1996-1999), Coordinadora de Asuntos Xerais (1999-2000) e Xerente do Museo Provincial e do Museo-Fortaleza San Paio de Narla (2000-2006). Con motivo da constitución da Rede Museística Provincial en xuño de 2006 foi nomeada xerente da mesma, cargo que desempeñaba en 2024.
Ten colaborado en RdM. Revista de Museología: Publicación científica al servicio de la comunidad museológica, ICOM CE Digital: Revista del Comité Español de ICOM, Maremagnum: publicación galega sobre os trastornos do espectro autista, CROA: boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, Her&Mus: heritage & museography.
É tamén docente do curso Experto Universitario en xestión cultural Universidade de Santiago e forma parte do Comité Consultivo Facultade de Humanidades de Lugo USC.
Obras realizadas e publicacións Foi relatora en diversos foros nacionais e internacionais sobre didáctica e xestión de museos, capacidades diferentes, diálogo intercultural, responsabilidade social, xénero e igualdade, redes e conexións de museos e o enfoque do software libre aplicado á museoloxía.
Foi comisaria de numerosas exposicións, organizadas e producidas polo Museo Provincial de Lugo entre outras:
“Ars Moenia. Obra actual de artistas lucenses non MPL”, exposición itinerante presentada en Madrid, Lugo, León e nas cidades romanesas de Constanta e Kluj Napoca “Sendeiros do pasado”, mostra de carácter etnográfico que se trasladou ao Museo Estatal de Varsovia (Polonia) en 2001 “Amor nas minchas” de Mónica Alonso no Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Valdivia (Chile, 2004) “Am 34x24 vol.1”, exposición de Antonio Murado celebrada en Lugo e no Parlamento Europeo de Bruxelas en 2006.
Co-coordinadora Residencias artísticas Estudo Aberto 2011-2016, Coordinadora Fotografía a Cegas (2009-2016).
É tamén coordinadora de máis de setenta publicacións (guías, catálogos de coleccións e exposicións temporais...) editadas polos museos dependentes da Deputación Provincial de Lugo e coordinou congresos sobre arte e educación. En todas elas participou tamén como autora de textos introdutorios e artigos. É responsable da coordinación de distintos proxectos e montaxes museográficas: Museo San Paio de Narla (2005) Museo Pazo de Tor (2006-2016), Museo Provincial do Mar (2008).
Colaboradora habitual de distintas publicacións como “Boletín do Museo Provincial de Lugo” "Manual de accesibilidade e inclusión en museos e lugares do patrimonio cultural e natural. Edicións Trea, Xixón, Revista ICOM DIXITAL,"Lucensia" “Boletín Famislu”... nos que publicou artigos sobre diversos temas, entre outros “AM 34x24, vol. I. Pintura alegórica e autobiográfica de Antonio Murado. Papeis no ar despois dá explosión”.
O Centro Superior de Estudos sobre Oriente Próximo e Exipto da Universidade Autónoma de Madrid publicou en 2005 un texto da súa autoría sobre a colección de lucernas Varela Dafonte e a exposición “Ilumina”. É tamén coautora co arqueólogo Enrique Alcorta Irastorza da monografía “Arqueoloxía romana no MPL”.
Ademais, é autora de varios cadernos didácticos relacionados con temas de accesibilidade ao patrimonio, xénero, igualdade, as redes sociais xeradoras de cambio, diálogo intercultural, diálogo interrelixioso e actividades dos Museos da Deputación entre elas: “Eu son unha peza de Museo” (Caderno do alumno e Caderno do profesor) e “Pintura española dos séculos XIX e XX” (Caderno do alumno e Caderno do profesor).
Participou como integrante do xurado en numerosos premios de arte, entre outros: Bolsa de Creación Artística no estranxeiro do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (2005), Estudo Aberto (2010-2015), Enredarche 2011, Entolearte, Diálogos na Rede, Olladas de Muller, Festival de Cine Internacional O Ollo Coxo (2015). Tamén foi xurado do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2012-2015.
Premios e recoñecementos
O seu modelo de xestión baseado na democratización cultural “Museos para todxs entre todxs" recibiu entre outros o Premio da Critica Galicia 2004. Premio á mellor experiencia didáctica dun Museo Fundación Rosalía 2008. Premio Once Solidariedade 2011. Premio Boa e Xenerosa Árdelle ou Eixo Os Aventados 2015. Premio Galicia Fundación Anade 2017. Premio Conversaciones Ibermuseos 2017 Premio COGAMI 2020 Mejor Iniciativa Institucional 2020 Recoñecemento de Auxilia Lugo - VI xornadas lucenses de accesibilidade ao patrimonio 2022 II Premios Empréganos Saúde Mental Feafes Galicia. Categoría Persona Referente Encarna Lago 2024 I Recoñecemento de A Colectiva (Asociación Profesional de Artistas de Galicia) en la categoría de espacio de producción y exhibición de arte contemporáneo en el ámbito público. 2025 Na súa etapa de xerente do Museo Provincial de Lugo, esta institución foi galardoada cun dos Premios da Crítica de Galicia na modalidade de Ciencias e Artes da Representación, segundo recolle a acta do xurado "en recoñecemento á difusión da arte en Galicia, a través da transformación experimentada polo museo nos últimos anos, que permitiu unha dinamización e repercusión social e cultural, impulsada polo seu equipo de traballo que encabeza a xerente Encarnación Lago González". Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2024.
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1962 Categoría:Feministas de España Categoría:Alumnos da Universidade Aberta de Cataluña Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes