Josefa Eva Castiñeira Santos, máis coñecida como Eva Castiñeira, nada en Agranzón (San Martiño de Ozón, Muxía) en 1925 e finada en 2008, foi unha cantareira galega.

Traxectoria Dende cativa cantaba nas festas, bailes e romarías xunto con súa irmá Engracia e outras veciñas. Emigrou á Coruña, onde traballou no servizo doméstico. Viviu no barrio de San Pedro de Visma.

En 1981 participou como convidada nun concerto de Milladoiro, de modo que foi a primeira pandeireteira en acompañar un grupo folk. Foi gravada tamén para o álbum Recolleita, de Pablo Quintana, canda o cego dos Vilares, e as súas melodías tamén foron inseridas no álbum Galicia no país das maravillas, de Milladoiro.

Homenaxes e influencia Leilía dedicoulle o seu disco Consentimento (2012).

A súa obra está presente en Xabier Díaz, concretamente o "Valse de Agranzón", e en Luar na Lubre, en concreto no disco Mar maior (2012).

Foi escollida, xunto con Adolfina Casás, Rosa Casás, Teresa García, Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada nas Letras Galegas de 2025.As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cancioneiro Popular Galego

Categoría:Poetas de Galicia

Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Muxía Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Cantareiras galegas