Deborah Ann Googe, nada o 24 de outubro de 1962,Cavanagh, David. "3AM Eternal" Select 1992Maconie, Stuart. "The Artery of Noise!" NME, 21 de abril de 1990 é unha músico inglesa que acadou fama internacional como baixista da banda My Bloody Valentine. Os seus álbums de estudio Isn't Anything (1988) e Loveless (1991) estableceron a Googe como unha figura pioneira no xénero shoegaze. Googe tamén traballou con artistas como Snowpony, Primal Scream e Thurston Moore.
Carreira
My Bloody Valentine Googe naceu en Yeovil, Somerset. Antes de unirse a My Bloody Valentine, tocou nunha banda chamada Bikini Mutants na súa cidade natal, e que tocou con The Mob. Googe mudouse de Yeovil a Londres, e a comezos de 1985 unha exmoza súa recomendouna como baixista a Kevin Shields e Colm Ó Cíosóig de My Bloody Valentine. Uniuse á banda tras unha audición en abril de 1985 e deixou o grupo en 1995, sinalando que "levaba tempo sen ser feliz".
Googe gravou o baixo nos tres álbums da banda Isn't Anything (1988), Loveless (1991) e m b v (2013), é coñecida polo seu estilo estridente de tocar o baixo nas actuacións en directo de My Bloody Valentine. No ano 2007 uniuse á reunión da banda e ás súas xiras posteriores.
Outros traballos Tras deixar MBV en 1995, Googe traballou brevemente como taxista, e en 1996 formou o supergrupo Snowpony coa súa moza de entón, Katharine Gifford, que tocara antes en Stereolab. A banda publicou tres álbums e catro EPs entre 1997 e 2003.
Googe toca ocasionalmente o teclado coa banda de experimentadores de órganos fuzz Pimmel , e tamén toca a batería e fai coros en Rockhard.
En 2012 anunciouse que Googe sería a baixista de xira de Primal Scream, substituíndo a Mani tras a súa marcha para unirse novamente a The Stone Roses. Posteriormente sería substituída en Simone Butler.
O 4 de agosto de 2014, Googe uniuse a Thurston Moore para o seu álbum en solitario The Best Day, e continuou colaborando con el nos seguintes álbums Rock n Roll Consciousness de 2017, By The Fire de 2020, e Flow Critical Lucidity de 2024, xunto con Steve Shelley, e o músico británico James Sedwards.
Tamñen tocou o baixo en dúas cancións do álbum de 2018 de Tim Burgess As I Was Now, e colaborou coa poeta estadounidense Ann Waldman no álbum de 2020 Sciamachy, xunto con William Parker e Laurie Anderson.
No ano 2022 Brix Smith, ex-The Fall, anunciou que Googe formaría parte da súa nova banda en directo, composta unicamente por mulleres.
En novembro de 2023, Googe anunciou un novo proxecto en solitario co nome da Googie. Ese mesmo mes lanzou un disco compartido de 12" co dúo Too Many Things, con catro temas destes últimos e tres cancións de Googe: "Slither", "Pipe Dreams" e "November New". Durante o ano 2024 da Googie publicou o sinxelo "Kiss Me You Fool", e dous temas compostos con Too Many Things. En marzo de 2025 publicará o álbum The Golden Thread con Cara Tivey.
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Somerset Categoría:Baixistas de Inglaterra