miniatura|upright=1.8|Distribución dos bosques de coníferas temperados. Un bosque de coníferas temperado é un bioma terrestre definido polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF polas súas siglas en inglés). Os bosques de coníferas temperados atópanse predominantemente en áreas con veráns cálidos e invernos fríos, e varían en canto aos seus tipos de flora. Nalgúns, dominan as árbores perennes de follas aciculares, mentres que noutros predominan árbores perennes de folla ancha ou unha mestura de ambos os tipos de árbores.[CC BY-SA] Un tipo de hábitat distinto, o bosque de coníferas tropical, dáse en climas máis tropicais.

Os bosques de coníferas temperados son comúns en áreas costeiras de rexións que teñen invernos suaves e fortes precipitacións, ou en climas continentais máis secos ou en áreas de montaña. Nestes bosque viven moitas especies de árbores, como os piñeiros, cedros, abetos e sequoias. O sotobosque tamén contén unha ampla variedade de plantas herbáceas e arbustivas. Os bosques de coníferas temperados manteñen os maiores niveis de biomasa de calquera ecosistema terrestre e son notables polos enormes tamaños das árbores en rexións de bosque pluvial temperado.

Estruturalmente, estes bosques son bastante simples, e xeralmente constan de dúas capas ou estratos: un dosel arbóreo e un sotobosque. Porén, algúns bosques poden conter un estrato de arbustos. Os bosques de piñeiros manteñen un estrato no chan de herbáceas que pode estar dominado polas graminoides e non graminoides, que poden favorecer incendios forestais ecoloxicamente importantes. A diferenza disto, as condicións húmidas atopadas nos bosques pluviais temperados favorecen a dominancia dos fentos e algunhas herbáceas non graminoides.

miniatura|Un bosque de piñeiros é un exemplo de bosque de coníferas temperado. As comunidades forestais dominadas por árbores de gran tamaño (por exemplo, as sequoias Sequoiadendron gigantea e Sequoia sempervirens), que son fenómenos ecolóxicos pouco comúns, aparecen no oeste de América do Norte, suroeste de América do Sur e na rexión de Australasia en áreas como o sueste de Australia e norte de Nova Zelandia.

A ecorrexión Klamath-Siskiyou do oeste de América do Norte alberga ensamblaxes de especies diversas e pouco comúns e presenta notables endemismos en taxons de plantas e animais.

Ecorrexións

Eurasia

150px|miniatura|Bosque de coníferas de montaña nos Carpatos, Eslovaquia. miniatura|150px|Bosque so sur de Múnic

150px|miniatura|Cedrus deodara no bosque de coníferas subalpino do Himalais.

América do Norte

miniatura|upright|150px|Un ecosistema de bosque de coníferas temperado no Parque Provincial dos Petróglifos, Ontario, Canadá.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bosque caducifolio temperado Bibliografía

Ligazóns externas

Bosques temperados

Categoría:Coníferas Categoría:Bosques Categoría:Biomas