Abel Valcárcel Puente, coñecido como Chantela de Saa, nado en Becerreá cara a 1907, foi un labrego e político galego.
Traxectoria Veciño de Saa (Cadoalla). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 2 de agosto de 1937. Procesado na causa 190/37 xunto con Luis García Vázquez, Jesús Salvador García Vázquez, Emilio Núñez Cabana, Ricardo García Santín, Isidro Valentín Gómez Gerbolés, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Nicomedes Lamas Díaz, José González Rivero, José María Fátima Ben-Alí, José M. Freijo López, Nicolás Freijo López e José Poy Arrojo, foron xulgados en consello de guerra o 16 de febreiro de 1938; Abel foi condenado a pena de morte por adhesión á rebelión. A pena foi conmutada por 30 anos de reclusión perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1938,BOP Lugo, 14-1-1939, p. 1. e foi sancionado cunha multa de 200 pesetas. Saíu en liberdade condicional o 13 de febreiro de 1944.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente de responsabilidade política contra Nicomedes Lamas Díaz, Abel Valcarce Puente e Luis García Vázquez Peza separada de responsabilidade civil contra Nicomedes Lamas Díaz, Abel Valcarce Puente e Luis García Vázquez
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido