Xosé Luís Vilela Conde, coñecido como Xosé Luís Vilela, nado en Muxía o 11 de marzo de 1957, é un xornalista galego que foi director de La Voz de Galicia.
Traxectoria
Comezou a traballar en 1975 en La Voz de Galicia e dende entón desempeñou funcións de responsabilidade en case todas as seccións do xornal. Empezou en Cultura coas críticas de arte, libros, televisión e teatro. En 1991 preparou o redeseño global do xornal, estreado en 1992, e en 2002 dirixiu o novo redeseño; o actual acometeuse na súa etapa como director. En 1995 foi nomeado redactor xefe, subdirector en 1997, director adxunto en abril de 2001 e desde marzo do 2006 ata agosto de 2025 director.
Dirixiu proxectos editoriais do grupo editorial como o Anuario de La Voz de Galicia e a Guía de Galicia. Desde xuño de 2024 é patrón da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e director desde setembro de 2025.
Impartiu as materias de Análise Hemerográfica e Taller de Prensa do Mestrado en Medios de Comunicación.
Obra
Libro de estilo. Manual de redacción de La Voz de Galicia (2022, 2ª). Director.
Libros colectivos
"A papel do galego na prensa escrita maioritariamente en castelán. O caso de La voz de Galicia", en Lingua e Comunicación: IV Xornadas sobre Lingua e Usos (2008).
Premios
Premio Galicia de Xornalismo no ano 1987, como crítico teatral. Premio Diego Bernal 2019 da Asociación de Xornalistas de Galicia.
Obras
Notas
Categoría:Nados en Muxía Categoría:Nados en 1957 Categoría:Xornalistas de Galicia