Ambloplites rupestris é unha especie de peixe de auga doce nativo da parte centro-oriental de América do Norte. Este peixe de ollos vermellos pertence á familia Centrarchidae da orde Centrarchiformes e pode distinguirse doutras especies similares polas seis espiñas da súa aleta anal (outras especies da familia teñen só tres).

Distribución

miniatura|Distribución nativa e introducida nos Estados Unidos Son peixes nativos do sistema do río San Lourenzo e os Grandes Lagos, a porción superior e media da cunca do río Mississippi en América do Norte desde Québec a Saskatchewan no norte e cara ao sur ata Missouri e Arcansas, ao sur ata o río Savannah, e cara ao leste ata o estado de Nova York a través de Kentucky e Tennessee á parte norte de Alabama e Xeorxia e a Florida no sur. Tamén se atopou no sistema do río Nueces en Texas.. Unha poboación introducida no río Loira de Francia entre 1904 e 1910 estase automantendo con éxito, pero non se espallou invasivamente, pasados xa máis de cen anos.

Descrición

miniatura|esquerda|A. rupestris no acuario de Québec Teñen aspecto similar ao Micropterus dolomieu, pero adoitan ser bastante máis pequenos. Características identificativas son as seguintes: as súas dúas aletas dorsais teñen procións unidas por raios brandos e espiñas, boca grande, seis espiñas anais, ollos vermellos e filas de manchas escuras nos laterais do corpo. Teñen a boca situada en posición terminal, baixo o morro, cun pequeno dente cónico para comer as presas. A súa lonxitude media é entre 15 e 25 cm, e raramente pesan máis de medio quilo. Viven xeralmente 10 anos e poucos chegan a vivir máis de 10 ou 12 anos. A. rupestris, é a especie máis grande e común do xénero Ambloplites, cuxa máxima lonxitude rexistrada foi de 43 cm, e o peso máximo rexistrado de 1,4 kg. A coloración do corpo vai de marrón dourado a oliva cun ventre de cor de prateada a branca e teñen a capacidade de cambiar rápido de cor para camuflarse co medio que os rodea. Esta característica camaleónica permítelles prosperar na súa ampla área de distribución.

Hábitat Prefiren lagoas de regatos e ribeiras de lagos claras, rochosas e con vexetación. As ribeiras rochosas dos lagos e encoros do noroeste son un hábitat común para eles. Os seus hábitats favoritos conteñen algo de vexetación con fondos rochosos e augas de frías a cálidas. Están sorprendentemente tranquilos en zonas con actividades humanas, vivindo baixo os peiraos dos lagos e preto das augas de zonas de baño ou natación. Vense con frecuencia en grupos, especialmente preto doutros Centrarchidae.

Dieta e predadores Son carnívoros e a súa diea consiste en pequenos peixes, incluíndo ás veces as súas propias crías, Perca flavescens e Leuciscinae, así como insectos, e crustáceos. Ocasionalmente toman comida da superficie. Os adultos pode comer moito, especialmente ao serán e pola mañá. As crías desta especie son depredadas por grandes black bass, Esox lucius, Esox masquinongy e Sander vitreus. Compiten pola comida co Micropterus dolomieu.

Conservación miniatura|Atrapado nunha rede durante un estudo de peixes en Missouri. A especie sobrevive ben no seu ambiente e a IUCN considera que está en "preocupación menor". Baseándose na estabilidade da súa poboación, a especie non precisa ningunha monitorización especial nin plans de xestión. Como peixe de pesca deportiva está sometido a algunhas regulacións. Hai límites de tamaño para a súa pesca nalgúns corpos de auga. Poden usarse lagoas artificiais ou zonas limitadas con redes no seu hábitat para mellorar o estado das poboacións deste peixe.

Reprodución miniatura|Exemplar capturado no sueste de Michigan. Están maduros sexualmente aos 2 ou 3 anos de idade. Son polixinandros, e os machos e as femias teñen múltiples parellas durante a estación reprodutora. A desova prodúcese de abril a inicios de xuño en augas cálidas entre 12-15 °C, e as femias poñen de 2.000 a 11.000 ovos. Igual que outros Centrarchidae, o macho cava un niño nunha zona pouco profunda do lago, e gárdao de forma agresiva. Unha área de desova pode ser moi utilizada por varios exemplares que fan os niños a pouca distancia. Como resultado, os machos poden facerse moi agresivos cando pretenden defender o seu territorio e atraer e conservar as femias. Non realizan cortexos, así que a femia entra no niño e únese ao macho no seu comportamento circular. Tanto a femia coma o macho liberan simultaneamente os gametos no niño. O macho garda e abana os ovos, e posteriormente coida das crías durante un curto tempo. Crecen con rapidez.

Mellores marcas da IGFA É un peixe de pesca deportiva en gran parte da súa distribución. A mellor marca para a IGFA en todas as modalidades de pesca desta especie é un exemplar de 1,36 kg capturado no río York, Ontario, Canadá en 1974 e outro de igual peso capturado no lago Erie, Pensilvania, Estados Unidos en 1998.

Confusións Ambloplites constellatus e Ambloplites ariommus son parecidos a esta especie, pero considerados especies separadas. Rafinesque asignou orixinalmente este peixe ao xénero Bodianus, que é un xénero de lábridos mariños.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Centrárquidos Categoría:Peixes de América do Norte Categoría:Animais descritos en 1817 Categoría:Taxons descritos por Constantine Samuel Rafinesque