A crítica da tecnoloxía é unha análise dos impactos adversos das tecnoloxías industriais e dixitais. Arguméntase que, en todas as sociedades industriais avanzadas (non necesariamente só as capitalistas), a tecnoloxía convértese nun medio de dominación, control e explotación, ou, de maneira máis xeral, en algo que ameaza a supervivencia da humanidadeLorenzano, P., Rheinberger, H.-J., Ortiz, E. and C. Galles (eds.), History and Philosophy of Science and Technology, Vol.4, Oxford: EOLSS Publishers Co. Ltd., 2010.. Algunhas das tecnoloxías ás que se opoñen os críticos máis radicais poden incluír produtos domésticos cotiáns, como refrixeradores, computadoras e medicamentos. Con todo, a crítica da tecnoloxía ten moitos matices.
Descrición Algúns autores, como Chellis Glendinning e Kirkpatrick Sae, considéranse neoluditas e sosteñen que o progreso tecnolóxico tivo un impacto negativo na humanidade. O seu traballo centrouse en buscar o significado do cambio tecnolóxico, concretamente en abordar a cuestión de «como as ferramentas e as súas posibilidades cambian e alteran o tecido da vida cotiá».Jacques Ellul, por exemplo, sostiña que cando as persoas afirman que a tecnoloxía é un instrumento de liberdade ou o medio para alcanzar o destino histórico ou a execución da vocación divina, prodúcese a glorificación e santificación da técnica, de modo que se converte naquilo que dá sentido e valor á vida, en lugar dun mero conxunto de materiais. Isto é repetido polos críticos retóricos que citan a forma en que o discurso tecnolóxico dana ás institucións e ás persoas que as compoñen debido á súa idealización e capacidade para definir xerarquías sociais..
Na súa forma máis extrema, as críticas á tecnoloxía producen análise da tecnoloxía como algo que pode conducir á catástrofe. Por exemplo, a activista Naomi Klein describiu como o capitalismo emprega a tecnoloxía no seu compromiso cunha «doutrina do shock», que promove unha serie de crises para poder acumular beneficios especulativos. Hai teóricos que tamén citan a crise financeira de 2008, así como os desastres de Chernóbil e Fukushima, para apoiar as súas críticas. As críticas tamén se centran en cuestións específicas, como a forma en que a tecnoloxía —a través da robótica, a automatización e o software— está a destruír postos de traballo máis rapidamente do que os crea, o que contribúe á incidencia da pobreza e a desigualdade.
Na década de 1970, nos Estados Unidos, a crítica á tecnoloxía converteuse na base dunha nova perspectiva política denominada anarcoprimitivismo, promovida por pensadores como Fredy Perlman, John Zerzan e David Watson. Estes propuxeron diferentes teorías sobre como a sociedade industrial, e non o capitalismo como tal, era a raíz dos problemas sociais contemporáneos. Esta teoría desenvolveuse na revista Fifth Estate nas décadas de 1970 e 1980, e recibiu a influencia da Escola de Frankfurt, a Internacional Situacionista, Jacques Ellul e outros.
A crítica da tecnoloxía superponse coa filosofía da tecnoloxía, pero mentres que esta última trata de establecerse como unha disciplina académica a crítica da tecnoloxía é basicamente un proxecto político, non limitado á academia. Ocupa un lugar destacado no neomarxismo (Herbert Marcuse e Andrew Feenberg), o ecofeminismo (Vandana Shiva) e no posdesenvolvemento (Ivan Illich)
Notas
Categoría:Tecnoloxía