O tesouro de Wickham Market é un tesouro composto por 840 estateros de ouro da Idade de Ferro atopado nun campo en Dallinghoo, preto de Wickham Market, Suffolk, Inglaterra, en marzo de 2008 polo mecánico de coches Michael Dark, que utilizaba un detector de metais.
Logo da escavación do depósito, atopáronse 840 moedas, datadas entre o 40 a.C. e o 15 d.C.
O tesouro describiuse como "o maior tesouro de moedas de ouro da Idade do Ferro británica estudado na súa totalidade", e tamén foi sobranceiro por achegar "moita información nova sobre a Idade do Ferro, e en particular sobre a Anglia Oriental a finais da Idade do Ferro". Trátase do maior tesouro de estateros atopado desde o de Whaddon Chase en 1849.
En xuño de 2011, o tesouro foi adquirido polo Museo de Ipswich por 316.000 libras esterlinas.
Achado miniatura|280x280px|Os propietarios do terreo onde apareceu o tesouro. O 16 de marzo de 2008, un mecánico de coches de sesenta anosRudd, C. (2009). "King's Gold Hoard from Suffolk". En Coin News. Xaneiro. Páxinas 41-43. —que orixinalmente quixo permanecer anónimo, pero que máis tarde foi identificado como Michael Dark—"Iron Age coins declared treasure". BBC News (News.bbc.co.uk). atopou a súa primeira moeda de ouro despois de vinte e cinco anos de detección de metais en campos da zona de Wickham Market. Dark identificou a moeda, a través de internet, como un estatero.
Unha semana despois, malia a neve caída desde a súa anterior viaxe ao campo e traballando baixo a chuvia, Dark atopou oito estateros máis e, como consecuencia dunha procura máis intensa, comentou que o seu detector de metais "toleou de súpeto" e que "sabía con certeza que estaba xusto enriba dunha vasilla con ouro".
Marcou o lugar con pedras e decidiu non seguir a escavar ata a noite seguinte, cando coa axuda dunha pa desenterrou 774 moedas máis. O campo non se arara desde 1980 e a terra tiña consistencia de arxila, pero os traballos agrícolas previos no campo esparexeran as moedas nunha zona de entre 5 e 10 metros, xa que rompera a boca do recipiente de barro negro onde estaban soterradas. Algunhas moedas aínda estaban dentro do recipiente escachado, e a maioría acháronse a 15 ou 20 centímetros baixo terra.
Despois de lavalas en auga morna, Dark entregoulle as moedas ao propietario do terreo, quen comunicou o achado ao Servizo Arqueolóxico do Consello do Condado de Suffolk.
Escavación miniatura|280x280px|Proceso de escavación no lugar do achado. O Museo Británico e o Consello do Condado de Suffolk financiaron a escavación oficial do depósito, que se levou a cabo entre o 14 e o 15 de outubro de 2008. Daquela descubriuse que o tesouro fora soterrado nun recinto con foso, posiblemente un "recinto relixioso con forma de polígono rectilíneo". Durante esta escavación descubríronse 42 moedas máis, chegando a un total de 824 naquela altura.Keys, D. (2009). "Boudicca's gold hoard unearthed". En The Independent. Retrieved 17 de xaneiro."Huge Iron Age haul of coins found". En BBC. 17 de xaneiro de 2009. A análise da zona circundante, incluíndo fosos entrecruzados, datou o soterramento do tesouro arredor do ano 15 d.C., o que coincidiu coa ceca da moeda máis recente atopada.
Composición O achado foi declarado formalmente tesouro polas autoridades arqueolóxicas e de patrimonio tras unha investigación forense en xuño de 2009, e nese momento informouse da aparición dun total de 840 estateros. Todos eles, agás dous, foron cuñados na Anglia Oriental pola tribo dos Iceni; e os outros dous eran de Lincolnshire. A gran maioría das moedas eran do mesmo tipo que as aparecidas no tesouro de Freckenham, e había unha pequena cantidade do tipo das achadas no tesouro de Snettisham entre 1987 e 1989; estas tamén eran as moedas máis antigas do tesouro, datadas entre o 40 a. C. e o 30 a.C. miniatura|Anversos dunha escolma de estateros do tesouro. O equivalente moderno do valor do tesouro no momento da súa aparición estimouse entre 500.000 e 1.000.000 de libras esterlinas. Esta cifra adacouse comparando co custo do servizo militar. Respecto a isto, o doutor John Sills afirmou: "un estatero de ouro quizais comprase arredor dun mes de servizo no século III a.C. e cinco estateros comprarían un infante para a duración dunha campaña no século II a.C., en tanto que dez estateros de ouro comprarían un cabaleiro".
O cálculo do valor relativo tamén se baseou nas observacións dun achado anterior en Alton, Hampshire, en 1996, cando o doutor Roger Bland e John Orna-Ornstein, do Museo Británico, suxeriron que un estatero de ouro tería un valor de arredor de 1.000 libras cando se cuñou.
Os estateros do tipo de Freckenham estaban compostos por unha aliaxe de 40 % de cobre, 20 % de prata e 40 % de ouro, ás veces chamada "ouro rosa", e isto tívose en conta na valoración. O manual para coleccionistas, Spink's Coins of England (2009), valoraba cada moeda no mercado do coleccionismo numismático entre 250 e 700 libras, en función do seu estado de conservación. Cada exemplar pesa algo máis de 5 gramos.
Relevancia
O tesouro de Wickham Market foi o da maior cantidade de estateros de ouro da Idade do Ferro atopado desde 1849, cando un traballador agrícola achou entre 450 e 2.000 exemplares e 800 e 2.000 nun campo en Whaddon Chase preto de Milton Keynes.Treasure Annual Report 2005-6. Department for Culture, Media and Sport. 2007. Páxinas 95, 123
Aínda que non se sabe o motivo polo que se soterrou o tesouro, hai varias hipóteses, entre elas a de que se tratase dun tesouro votivo ou un comunitario "reunido e soterrado en beneficio da comunidade", ou tamén a de que se tratase dun fondo de guerra para unha ameaza inminente ou mesmo dun pagamento de tributo para evitar unha invasión.
Jude Plouviez, do Servizo Arqueolóxico do Consello do Condado de Suffolk, dixo: "a descuberta é importante porque salienta a probable importancia política, económica e relixiosa dunha zona", e que este achado en particular proporcionou "moita información nova sobre a Idade do Ferro, e en particular sobre a Anglia Oriental na fin da Idade do Ferro".
Ian Leins, daquela conservador de moedas da Idade do Ferro no Museo Británico, comentou: "É o maior tesouro de moedas de ouro da Idade do Ferro británica que se estudou na súa totalidade"´.
Conservación miniatura|280x280px|O museo de Ipswich. titular do tesouro desde 2011. En xuño de 2011 anunciouse que o tesouro fora adquirido por 316.000 libras polo Museo de Ipswich para formar parte da súa exposición permanente, coa axuda dunha subvención de 225.900 libras do Heritage Lottery Fund e 40.000 libras do Art Fund."Wickham Market Hoard". Art Fund (Artfund.org)."Iron Age gold hoard saved for Ipswich Museum". En The Art Fund. 21 de xuño de 2011."Ipswich Museum buys Iron Age gold coins for £316,000". En BBC News. 21 de xuño de 2011.
O prezo de compra de 316.000 libras repartiuse entre o propietario do terreo, Cliff Green, na súa granxa en Dallinghoo onde se atopou o tesouro, e os detectoristas de metais Michael Darke e Keith Lewis, que o descubriron (unha metade para Green, un cuarto para Darke e outro para Lewis).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Tesouro
Categoría:Tesouros Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Moedas da Idade Antiga Categoría:Moedas de ouro