Fernando Pumar Prieto, nado en Ourense o 30 de setembro de 1989, é un exfutbolista galego que xogaba na posición de defensa.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Montañeros. No 2007 comezou a xogar co primeiro equipo na Terceira División. En 2009 fichou por outro equipo da mesma liga, o Narón Balompé Piñeiros. O 16 de xuño de 2010 asinou polo Racing Club de Ferrol e contribuíu ao ascenso do equipo á Segunda División B no ano 2013.
O 16 de xullo de 2014 asinou contrato co Real Murcia, onde xogou novamente baixo a dirección do que fora adestrador do Racing, José Manuel Aira. O 17 de xullo de 2017 fichou por unha tempada co Club Lleida Esportiu. O 12 de xullo de 2018 comezou un novo contrato co Salamanca CF UDS. Porén, debido a unha lesión no seu xeonllo, Pumar non puido xogar co equipo en toda a tempada.
O 11 de xullo de 2019 fichou polo San Fernando CD. No verán de 2020 regresou ao Racing, renovando contrato en 2022. En novembro dese ano sufriu outra lesión de xeonllo que lle impediu xogar o resto da tempada.
En febreiro de 2024, Pumar cedeu a súa ficha de xogador a Pinchi, pero seguiu adestrando co equipo nos seguintes meses. En xuño de 2024 finalizou o seu contrato co club ferrolano e retirouse do fútbol profesional.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fernando Pumar en BDFutbol Fernando Pumar en LaPreferente.com Fernando Pumar en Soccerway
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Montañeros CF Categoría:Xogadores do Narón Balompé Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Lleida Esportiu Categoría:Xogadores do Salamanca CF UDS Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do San Fernando CD Categoría:Nados en Ourense