Jacques de Rougé, nado en París o 17 de febreiro de 1841 e finado na mesma cidade en 1923,"Jacques de Rougé". Man8rove.com foi un exiptólogo e numismático francés.
Traxectoria Jacques de Rougé pertencía á rama menor da familia Rougé, coñecida como du Plessis-Bellière,"Rougé (de) olim des Rues". Man8rove.com e era fillo de Valentine de Ganay e do vizconde Olivier Charles Camille Emmanuel de Rougé (1811-1872)."Rougé, Jacques de, vicomte". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
Do mesmo modo que o seu pai, Jacques de Rougé foi tamén exiptólogo, e foi o editor das obras daquel.
Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, de Rougé foi membro da Sociedade de Amigos dos Monumentos Parisienses, da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia e da Sociedade Francesa de Numismática. Nesta última ocupou a presidencia entre os anos 1890 e 1892."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org). Vida persoal
Jacques de Rougé casou o 3 de maio de 1869 con Marthe Hutteau d'Origny (1845-1900), con quen tivo unha filla, chamada Jacqueline (1870-1915) e un fillo, chamado Alain (1871-1936).
Escolma de publicacións Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos publicados por Jacques de Rougé ao longo da súa traxectoria:
(1865). Textes géographiques du temple d'Edfou (Haute-Égypte). Revue archéologique, París. (1868). Chrestomathie égyptienne. Fasc. II. Imprimerie nationale. (1873). Monnaies des nomes de l'Égypte. Arnous de Riviere, París. (1874). Mémoire sur l'origine égyptienne de l'alphabet phénicien, par M. le Vte Emmanuel de Rougé, publié par les soins de M. le Vte Jacques de Rougé. Imprimerie nationale, París. (1877-1879). Inscriptions hiéroglyphiques copiées en Egypte pendant la mission scientifique de M. le vicomte Emmanuel de Rougé. Tomo I (1877); Tomo II (1877); Tomo III (1878); Tomo IV (1879). Vieweg, París. (1880). Inscriptions et notices recueillies à Edfou (Haute-Égypte) pendant la mission scientifique de M. le Vte Emmanuel de Rougé, publiées par M. le Vte Jacques de Rougé. Tomo I. E. Leroux, París. (1881). Voyage aux bords du Nil. Revue des conferences, París. (1882). Description de quelques monnaies nouvelles des nomes d'Égypte. Pillet et Dumoulin, París. (1891). Géographie ancienne de la Basse-Égypte. J. Rothschild, París. (1895). Origine de la race égyptienne. París.
Notas
Categoría:Nados en 1841 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1923 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia Categoría:Exiptólogos Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática