O Club Deportivo La Guía é un club de fútbol do barrio vigués da Guía, na parroquia de Teis. Na tempada 2025/26 participou na Terceira Galicia.
Historia O CD La Guía, precursor do actual equipo, comezou a súa andadura na tempada 1949/50. Malia que posteriormente foi disolto, as cores e símbolos do club perduraron na entidade actual, fundado en 1979. O equipo xurdiu nun contexto de renovación do fútbol afeccionado na contorna de Vigo. Nese momento, un grupo de mozos que competían en diferentes equipos da zona decidiu reunirse para crear un novo conxunto co que compartir proxecto deportivo e identidade propia.
Os primeiros anos estiveron condicionados pola falta de recursos. A ausencia de patrocinio obrigou aos propios xogadores a asumir os custos básicos, como a adquisición da indumentaria.
A súa estrea competitiva produciuse no Torneo Ansei, unha competición na que participaban varios equipos locais. Entre eles atopábase a Escola de Electricidade da Armada, coa que o club acabaría mantendo vínculos de colaboración. A relación persoal entre o impulsor do club, Jorge Martínez, e o comandante da Mariña, Carlos Sande Amor facilitou, co paso do tempo, o acceso ás instalacións militares para a práctica deportiva.
En 1983 o CD La Guía acadou o trofeo de campión da liga de afeccionados.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Deporte en Vigo
Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Vigo