Anadia é unha cidade portuguesa pertencente ao distrito de Aveiro, cuns 6 000 habitantes. Atópase entre Aveiro e Coímbra.
É sede do municipio do mesmo nome, dividido en 10 freguesías, que ten unha área de 216 649km2 e 27 532 habitantes (a data de 2021). O municipio de Anadia limita ao norte con Águeda, ao leste con Mortágua, ao sur con Mealhada, ao sur e oeste con Cantanhede e ao noroeste con Oliveira do Bairro.
Para fins estatísticos, o municipio de Anadia forma parte da Rexión de Aveiro, que á súa vez está incluída na Rexión Centro e no Portugal Continental.
Notas
Categoría:Cidades de Portugal