Ganimedes. Asociación de Investigadores Noveles de Filología Clásica é unha organización sen ánimo de lucro fundada en 2012, cuxo obxectivo é promover os estudos clásicos e a súa investigación no ámbito estatal español. En particular, está centrada en facilitar e promover o desenvolvemento académico e profesional dos investigadores noveis mediante a organización e o financiamento de congresos, xornadas e premios á excelencia académica.

Á súa vez, a asociación mantén vínculos de colaboración con entidades afíns que comparten obxectivos semellantes no eido da divulgación científica e o ensino das linguas clásicas, como Escuela con Clásicos e a Sociedad Española de Estudios Clásicos.

Congresos nacionais A asociación organiza anualmente congresos nacionais, que se celebran alternativamente en diferentes universidades do estado e están dirixidos particularmente a investigadores predoutorais, pertencentes ao campo da filoloxía clásica e áreas afíns. No marco do congreso anual é cando ten lugar a asemblea anual de socios na que se presentan e votan as candidaturas a membros da xunta directiva e a sede do seguinte congreso.

Os congresos nacionais celébranse anualmente e sen interrupción de forma presencial desde a fundación da asociación, coa excepción da edición de 2020, a IX edición, que tivo lugar de forma remota debido á pandemia da COVID-19.Rodríguez Martín, Elvira; Pérez Gordillo, María Eugenia; Valera Sánchez, Rocío, eds. (2023). FATA VIAM INVENIENT. Nuevas contribuciones a los estudios en Filología Clásica. Madrid: Fundación Pastor de Estudios Clásicos. ISBN 978-84-09-56909-0, páxs. III-V. Actualmente levan catorce edicións consecutivas, a última das cales tivo lugar en Barcelona, entre a Universidade de Barcelona e a Universidade Autónoma de Barcelona. As edicións VIII e XIII celebráronse na Universidade de Santiago de Compostela.Universidade de Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC) Sociedad Española de Bizantinística (SEB) Fundación Pastor Asociación Española de Papirología (AEP) Sociedad de Estudios Latinos (SELat)

Categoría:Asociacións culturais Categoría:Filoloxía Categoría:Clasicismo